Baldomero Vilarelle Breijo, nado en Cerdido cara a 1901 e finado nas Grañas do Sor o 27 de outubro de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Industrial veciño da Barqueira. Membro do Partido Galeguista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado nas Grañas do Sor (Mañón) o 27 de outubro de 1937. A súa morte foi rexistrada en Cerdido a causa de "acción de la fuerza pública".
Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cerdido Categoría:Nados en 1901
Categoría:Finados en 1937