Pokémon the Movie: I Choose You! (en xaponés: é un filme xaponés de 2017 dirixido por Kunihiko Yuyama. É o vixésimo filme baseado na serie Pokémon, creada por Satoshi Tajiri e producido por OLM. Está vagamente baseado no episodio piloto da serie, e o guión foi escrito por Shoji Yonemura. Está protagonizado polas voces de Rica Matsumoto, Ikue Ōtani, Unshō Ishizuka, Megumi Hayashibara, Shin-ichiro Miki, Inuko Inuyama, Kanata Hongō, Shiori Sato e Ryōta Ōsaka. Está ambientado nunha liña de tempo alternativa, e conta a historia do adestrador Ash Ketchum e os seus amigos, Pikachu, Verity e Sorrel, que tratan de atopar o Pokémon lendario Ho-Oh nun encontro no monte Tensei.
I Choose You! estreouse no Japan Expo de Francia o 6 de xullo de 2017 e nos cinemas do Xapón o 15 de xullo. A estrea cadrou co vinte aniversario da serie anime. O filme recadou 37,6 millóns de dólares en todo o mundo e 3 310 millóns de iens no Xapón, recibindo valoracións dispares por parte da crítica.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Kunihiko Yuyama Categoría:Filmes de Pokémon