O Mitteldeutscher Basketball Club (do alemán: Club de Baloncesto da Alemaña Central), máis coñecido como por motivos de patrocinio como Syntainics MBC, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Weißenfels, Saxonia-Anhalt. Fundado en 1958, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O seu maior éxito foi a consecución do FIBA EuroCup Challenge 2004, torneo no que gañaron na final ao JDA Dijon francés. O equipo xoga os seus partidos como local no Stadthalle Weißenfels, pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.
Historia O Mitteldeutscher BC compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, á que chegou por vez primeira na temporada 1999–2000. En 2004, o club gañou o FIBA EuroCup Challenge após derrotar nas semifinais da Final Four ao Dynamo Moscow Region ruso por 95−88 e na final ao JDA Dijon francés tamén por 95−88. Porén, ao final desa mesma temporada o equipo declárase en bancarrota e é descendido á Regionalliga (terceira división). Na temporada 2004−05 o equipo ascende á ProA (segunda división) e regresa á Bundesliga despois da temporada 2008–09. Nos anos 2010 e 2016 o equipo volveu descender, açinda que ambas ocasións regresou á máxima categoría nun ano.
Temporadas SeasonTierLeagueGerman CupEuropean competitions1997–982 2. BBL 1998–992 2. BBL2º 1999–001 BBL 6º 2000–011 BBL 7º 3 Copa Korać 2001–021 BBL 13º 2002–031 BBL 11º 2003–041 BBL 12º 4 FIBA EuroCup Challenge 2004–053 1º 2005–062 2. BBL 2006–072 2. BBL 2007–082 ProA 5º 2008–092 ProA1º 2009–101 BBL 10º 2010–111 BBL 17º 2011–122 ProA1º 2012–131 BBL 16º 2013–141 BBL 9º 2014–151 BBL 12º 2015–161 BBL 17º 2016–172 ProA1º 2017–181 BBL 15º 2018–191 BBL 15º 2019–201 BBL16º Cuartos de final2020–211 BBL15º Fase de grupos
Títulos Segunda división de Alemaña Campión (3): 2009, 2012, 2017
FIBA EuroCup Challenge Campión (1): 2004
Xogadores thumb|180px|Manuchar Markoishvili. Destacados Mithat Demirel Misan Nikagbatse Tomas Grepl Manuchar Markoishvili Giorgi Gamqrelidze Martynas Andriuškevičius Marijonas Petravičius Mindaugas Timinskas Wendell Alexis
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña