Herri Batasuna (HB) (Unidade Popular en éuscaro) foi unha coalición política independentista vasca de esquerdas fundada en 1978 e que desapareceu ó crearse Batasuna (2000) no cal se integraron a maioría dos seus membros agás o grupo que deu lugar a Aralar.

Defendía como programa político a alternativa KAS para a independencia do País Vasco o que implicaba o rexeitamento á constitución española e ó estatuto de autonomía da comunidade autónoma do País Vasco.

Presentábanse ás eleccións pero non adoitaban participar nos plenos dos parlamentos nos que tiñan representación. Frecuentemente relacionada con ETA a coalición sempre negou calquera vincallo coa banda armada.

Constituída a raíz da Mesa de Alsasua integráronse na coalición Acción Nacionalista Vasca, Euskal Sozialista Biltzarrea, Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea e Langile Abertzaleen Iraultzarako Alderdia ademais de dirixentes destacados e moitos militantes de Euskadiko Ezkerra. Vencellados a HB estaban as Xestoras Pro Amnistía, o sindicato LAB e as mocidades Jarrai.

Categoría:Partidos políticos desaparecidos do País Vasco Categoría:Partidos políticos de Navarra Categoría:Nacionalismo vasco