A tapadeira (en ) é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Martin Ritt. Foi escrito por Walter Bernstein e está protagonizado por Woody Allen e Zero Mostel.

Estreouse en galego o 24 de xuño de 1995 a través da TVG.

Sinopse Un caixeiro de bar e corretor de apostas ocasional, Howard Prince, sen grandes conviccións políticas, ten amizade cun guionista de televisión da cidade de Nova York, Alfred Miller, que sabe que está inscrito nunha lista negra anticomunista, así que lle pide a Howard que adopte a autoría dos seus guións a cambio dunha porcentaxe das ganancias. Howard acepta e comeza a gozar dos cartos e a sufrir as vicisitudes de ter que interpretar o papel de escritor estrela do canal.

Personaxes Woody Allen como Howard Prince Zero Mostel como Hecky Brown Herschel Bernardi como Phil Sussman Michael Murphy como Alfred Miller Andrea Marcovicci como Florence Barrett Remak Ramsay como Francis X. Hennessey Marvin Lichterman como Myer Prince Lloyd Gough como Herbert Delaney David Margulies como William Phelps

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1953 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de 1976 con versión en galego