Nicolás de las Llanderas Fraga, nado na Coruña o 16 de febreiro de 1888 e finado en Buenos Aires o 20 de maio de 1938, foi un dramaturgo galego.

Traxectoria Fillo de Teodoro de las Llanderas Pastor (1846-1928), tenente coronel de Infantaría, e Esclavitud Fraga Rivadull. Iniciou a carreira militar, que interrompeu para cursar a academia mercantil, rematando como profesor e perito aínda que nunca chegou a exercer exerceu a profesión. Instalado en Vigo, foi un dos fundadores do club de fútbol Infantil en 1906, do que foi presidente. Foi actor, interpretando algúns monólogos en galego,Nova Galicia, 17-6-1910, 1. e estreou a comedia Bandera de Parlamento no teatro Tamberlick en novembro de 1913.Noticiero de Vigo, 30-10-1913, p. 1. Membro do Club Machada, foi redactor da revista humorística Machada que editou o Club Machada en 1914."Reguenga, creador del Club Machada e impulsor del Castro", La Voz de Galicia, Vigo, 29-9-1994, p. 42. Marchou a Chile e dende alí a Buenos Aires onde traballou como actor en varias compañías teatrais. Escribiu cadros para o coro Aires da Terra que foron representados en Buenos Aires en 1933.Nova Galicia, 28-10-1933, p. 6.

Obra Escribiu numerosas pezas de teatro, a maioría delas na década de 1930 en colaboración con Arnaldo Malfatti.

Filmografía Guionista (con Arnaldo Malfatti) Los tres berretines (1933) Ídolos de Buenos Aires Autor (con Arnaldo Malfatti) Así es la vida (1939) Miente y serás feliz (1940) (México) La gallina clueca (1941) (México) Caminito alegre (1944) (México) Los hijos de Don Venancio (1944) (México) Azahares para tu boda (1950) sobre la obra Así es la vida (México) El gran premio (1958) (México) Así es la vida (1977)

Teatro

con Juan F. Ferlini e Arnaldo Malfatti ¿Trabajar?... Nunca! La empresaria del Colón con Arnaldo Malfatti Al buen lechón. Fábrica de embutidos El almacén de la alegría Así es la vida Astillas del mismo palo Caminito alegre La camisa encantada La casa de los escándalos Derecho a Vieytes Dos patos en la vía En la Rioja, Filemón armó una revolución Lujan Martorell, Magariños y Co Miente y serás feliz Mis cinco papás No hay que hacerse mala sangre La paja en el ojo ajeno Pic-Nic ¡Por que si! ¡¡Qué fenómeno!! ¡Que parientes, Mama Mía! Los reyes de la milanesa Los tres berretines Villa chimento con Arnaldo Malfatti e Tito Insausti ¡Esposa último modelo! ¡Tiburón! Al marido hay que seguirlo Versións de Así es la vida En 1939 Francisco Mugica dirixiu a primeira versión fílmica de Así es la vida.

Houbo en 1949 unha versión mexicana dirixida por Julián Soler que se titulou Azahares para tu boda e en 1977 unha nova versión arxentina dirixida por Enrique Carreras. En 1976 estreouse na Sala Martín Coronado do Teatro General San Martín unha versión musical da obra Así es la vida titulada Dulce...dulce vida'' interpretada por Eduardo Rudy, Vicky Buchino e Aída Luz. Os autores foron Víctor Buchino e Wilfredo Ferrán e a coreografía, de Eber Lobato.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1938