Adelaide Louise Hall, nada en Nova York o 20 de outubro de 1901 e finada en Londres o 7 de novembro de 1993, foi unha cantante de jazz estadounidense establecida no Reino Unido. A súa longa carreira estendeuse máis de 70 anos, dende 1921 ata o seu pasamento e foi unha figura central no Harlem Renaissance.
Hall entrou no Guinness World Records en 2003 como a artista cunha carreira gravada máis duradeira, por publicar material en oito décadas consecutivas."Devotees – Honours and Tributes" (researched and compiled by Stephen Bourne), Devotional. Adelaide Hall enters Guinness Book of World Records as the World's most enduring recording artiste. Actuou con artistas destacados como Art Tatum,. Ethel Waters, Josephine Baker, Louis Armstrong, Lena Horne, Cab Calloway, Fela Sowande, Rudy ValleeLeonard Feather, "Don't Call Them Crooners: 4 – Adelaide Hall" (entrevista), Radio Times, 17 de febreiro de 1939, p. 15. e Jools Holland, e gravou como cantante con Duke Ellington (con quen fixo a súa gravación máis coñecida, "Creole Love Call", en 1927)Adelaide Hall singing "Creole Love Call" with Duke Ellington and his Orchestra recorded in 1927. YouTube. e Fats Waller.
Traxectoria Primeiros anos e matrimonio Adelaide Hall naceu en Brooklyn, Nova York, filla de Elizabeth e Arthur William Hall. Aprendeu a cantar ensinada polo seu pai, e comezou a súa carreira artística en 1921 en Broadway formando parte do coro do musical de Noble Sissle e Eubie Blake Shuffle Along. Posteriormente actuou en diferentes musicais negros, entre eles Runnin' Wild, de James P. Johnson en Broadway en 1923, no que cantou a canción !Old-Fashioned Love", Chocolate Kiddies (1925, en xira europea, con cancións escritas por Duke Ellington), My Magnolia (Broadway, 1926, con banda de Luckey Roberts e Alex C. Rogers), Tan Town Topics (1926, con cancións de Fats Waller),Tan Town Topics review. e Desires of 1927Desires of 1927 musical, Page 106, A Century of Musicals in Black and White: An Encyclopedia of Musical Stage by Bernard L. Peterson, Greenwood Publishing Group. ISBN 0-313-26657-3 (1926 – 1927, con música de Andy Razaf e J. C. Johnson).Henry Louis Gates, Evelyn Brooks Higginbotham (eds), Harlem Renaissance Lives from the African American National Biography, Oxford University Press, 2009, p. 233."'Desires of 1927' - A Riot at Elmore" (review) , The Pittsburgh Courier, 27 de novembro de 1926.
En 1924, Hall casou cun mariñeiro británico nado en Trindade e Tobago, Bertram Errol Hicks. Pouco despois do seu matrimonio, Hicks abriu un club en Harlem, Nova York, chamado 'The Big Apple', e pasou a ser o representante de Hall.Iain Cameron Williams, Underneath a Harlem Moon: The Harlem to Paris Years of Adelaide Hall, pp. 66–67. ISBN 0-8264-5893-9.
Chocolate Kiddies, xira europea en 1925 Hall foi contratada para formar parte do elenco da revista Chocolate Kiddies, coa que se fixo unha xira europea que se iniciou en Hamburgo o 17 de maio de 1925, e que finalizou en París en decembro dese ano. No elenco figuraban The Three Eddies, Lottie Gee, Rufus Greenlee e Thaddeus Drayton, Bobbie e Babe Goins, Charles Davis e Sam Wooding e a súa orquestra.
Tan Town Topics, Small's Paradise e Desires of 1927 En 1926, tras volver a Nova York, Hall foi escollida para traballar en Tan Town Topics, unha revista con cancións de Fats Waller e Spencer Williams. O elenco incluía a Fats Waller, Eddie Rector e Ralph Cooper, Adelaide Hall, Maude Mills, Arthur Gaines, Leondus Simmons e un grupo de baile chamado Tan Town Topics Vamps. O espectáculo estreouse no Teatro Lafayette de Harlem o 5 de abril, cunha curta xira por Baltimore, Chicago e Filadelfia.Review of Tan Town Topics.
Hall actuou en xullo de 1926, con Lottie Gee e The Southern Syncopated Orchestra, no club Small's Paradise, en Nova York.Howard Rye, "Southern Syncopated Orchestra: The Roster", Black Music Research Journal
A partir de outubro de 1926 e ata setembro do seguinte ano, Hall viaxou polo país actuando no circuíto da Theater Owners Booking Association (T.O.B.A.) co espectáculo Desires of 1927, concibido por J. Homer Tutt e producido por Irvin C. Miller. Presentada como a estrela do espectáculo, a súa actuación incluía varias cancións, salientando "Sweet Virginia Bliss", baile e interpretación do ukelele.
Gravacións con Duke Ellington En outubro de 1927, Hall gravou "Creole Love Call", "The Blues I Love To Sing" e "Chicago Stomp Down" con Duke Ellington e a súa orquestra. As gravacións tiveron un amplo eco, e catapultaron as carreiras de Hall e Ellington.
O 4 de decembro de 1927, Ellington comezou a tocar coa súa orquestra Cotton Club de Harlem cunha revista chamada Rhythmania. No show, Hall cantaba "Creole Love Call". En 1928, a canción alcanzou o posto número 19 da lista de Billboard.Lista
Ademais, Hall e Duke Ellington gravaron o 7 de xaneiro de 1933 as cancións "I Must Have That Man" e "Baby".
Blackbirds of 1928 En 1928, Hall traballou en Broadway con Bill Robinson en Blackbirds of 1928."Blackbirds of 1928 Shuffle Along (1921)", Masterworks Broadway. O espectáculo foi o de maior éxito cun elenco integramente negro nunca representado en Broadway e deu fama a ambos os artistas."Blackbirds of 1928 celebrates one year run on Broadway", The Afro-American, 18 de maio de 1929. Con acceso o 14 de setembro de 2014. Blackbirds of 1928 era unha idea de Lew Leslie, que planeara o show pensando en Florence Mills; porén, Mills faleceu por mor dunha pneumonía en 1927 antes de iniciar os ensaios. Hall foi escollida para substituíla. A revista estreouse en Les Ambassadeurs Club de Nova York en xaneiro de 1928, e en maio de 1928 representouse no Liberty Theatre,Liberty Theatre. cun total de 518 funcións.
Este musical deu tamén sona a Hall en Europa, ao ser levada en 1929 a obra a París, onde durante catro meses se representou no Moulin Rouge.Judith Miller, Art Deco, Dorling Kindersley, 2005, ISBN 1405307544: lithograph by Paul Colin featuring Adelaide Hall and used as a poster to advertise Blackbirds at the Moulin Rouge, p. 215 (con acceso o 14 de setembro de 2014).Woman's Hour Music Archive xaneiro de 2003.Jean Delaurier 1929 lithograph of Blackbirds at the Moulin Rouge performing "Porgy", Tal foi o éxito de Hall no teatro europeo, que rivalizou en popularidade con Josephine Baker."Adelaide Hall Takes Place of 'Jo' Baker", The Afro-American, 3 de agosto de 1929. Con música de Jimmy McHugh e letras de Dorothy Fields, as interpretacións que Hall levou a cabo das canciones "I Can't Give You Anything but Love, Baby", "Diga Diga Do",Theophilus Lewis, "THE DANCE THAT DAZED MOTHER – "DIGA DIGA DO"--AS DANCED BY ADELAIDE HALL—CREATES SENSATION. "STOP IT!" CRIES MAMA. "ON WITH THE DANCE" BROADWAY DEMANDS" , The Pittsburgh Courier, 10 de novembro de 1928. "Bandanna Babies" e "I Must Have That Man", converteunas en todo un éxito.
O elenco de Blackbirds volveu aos Estados Unidos no outono de 1929, iniciando case de inmediato unha xira polo país, tendo lugar a primeira representación en Chicago. Nesa cidade, e en decembro, Adelaide Hall abandonou de maneira inesperada a produción, volvendo a Nova York.
1930: Brown Buddies Tras deixar Blackbirds, especulouse con que Hall e Bill Robinson traballase de novo xuntos. Finalmente, en 1930 ambos traballaron dúas veces no Teatro Palace de Broadway (en febreiro e en agosto)."White Press Acclaims Adelaide Hall As Packed House Gives Her Great Ovation" , The Pittsburgh Courier, 22 de febreiro de 1930.https://books.google.co.uk/books?id=DVsKAgAAQBAJ&pg=PA524&lpg=PA524&dq=palace+theatre+new+york+adelaide+hall&source=bl&ots=0g9xVMEZH_&sig=JxMyVbtf7kXk7nXBCUPUEmGGUDQ&hl=en&sa=X&ei=P3iRVIj0MbCN7AbyzYHYDw&ved=0CD4Q6AEwBA#v=onepage&q=palace%20theatre%20new%20york%20adelaide%20hall&f=false Na actuación de febreiro, a primeira de Hall no Palace, recibiu un entusiasta recibimento. Tan frutífera foi a colaboración entre Hall e Robinson, que en outubro de 1930 a parella se reuniu para actuar no musical Brown Buddies.Bernard L. Peterson, [http://books.google.co.uk/books?id=yAnjPO1E5ewC&pg=PA59 Brown Buddies article in A Century of Musicals in Black and White]: An Encyclopedia of Musical Stage Works by, about or Involving African Americans, Westport, CT: Greenwood Publishing, 1993, pp. 59–60. A obra estreouse en Broadway, no Teatro Liberty, manténdose as funcións durante catro meses antes de iniciar unha xira polos Estados Unidos."Dancing in 'Brown Buddies'", The Afro-American, 27 de setembro de 1930.Brown Buddies playbill , Playbill Vault. A música era de Millard Thomas, con cancións de Shelton Brooks, Ned Reed, Porter Grainger, J. C. Johnson, J. Rosamund Johnson, George A. Little, Arthur Sizemore e Edward G. Nelson.
1931–32: Gira mundial En 1931, Hall embarcouse nunha xira mundial que visitou dous continentes (América e Europa). Durante a mesma actuou catro veces no Teatro Palace. Foi durante esta xira cando Hall descubriu e empregou o pianista Art Tatum, ao que levou a Nova York ao final da mesma. , PBS."Art Tatum: non Greater Art Talkin' Tatum with Hank Jones, Billy Taylor, Dick Hyman, Adam Makowicz", JazzTimes, xaneiro/febreiro 1998. En agosto de 1932, Hall gravou "Strange as it Seems", "I'll Never Be The Same", "This Time it's Love" e "You Gave Me Everything but Love", sendo Tatum un dos principais pianistas nesas producións.."More Than a Handful – The Incomparable Art Tatum" , 17 de xullo de 2011.Art Tatum biography, African American Registry.
Carreira en Europa en 1935–38 Hall chegou a París o outono de 1935"Adelaide Hall And Meeres & Meeres Off For London", The Pittsburgh Courier, 30 de novembro de 1935. e quedou a vivir alí ata 1938. O seu marido abriu un club nocturno para ela na cidade, que chamou La Grosse Pomme, e en que actuou con frecuencia."Performer Adelaide Hall and her husband/manager, Bert Hicks, owned a nightclub in Montmartre called a Grosse Pomme...", Midnight in Paris."Django's Haunts" , Paul Vernon Chester. Unha das bandas que tocaba no club foi o Quintette du Hot Club de France, con Django Reinhardt e Stephane Grappelli.
Nos inicios de 1936, Hall protagonizou Black and White Revue. O espectáculo, con cincuenta artistas, estreouse en París, e en febreiro viavou en xira a Suíza. A revista foi producida por Ralph Clayton, dirixida por Arthur Bradley e coreografada por Albert Gaubier, quen previamente bailara baixo a dirección de Serge Diaghilev nos Ballets Rusos.http://translate.google.co.uk/translate?hl=en&sl=da&u=http://www.danskefilm.dk/skuespiller/10555.html&prev=search A orquestra estaba dirixida por Henry Crowder.Allardyce Barnett.
En 1937, Hall coreografou a súa interpretación do famoso baile francés can-can, que chamou "Canned Apple" e que bailou en La Grosse Pomme."Adelaide Hall shows Paris Canned Apple", The Afro-American, 25 de decembro de 1937. A Hall tamén se lle atribúe presentar o baile coñecido como "truckin" aos parisienses."Adelaide Hall introduced Truckin' to Paris", Baltimore Afro-American, 6 de novembro de 1993. Durante o seu tempo en Europa, Hall cantou con varias orquestras, entre elas as de Willie LewisAdelaide Hall and Willie Lewis and his Entertainers recording of "Say You're Mine", AllMusic. e Ray Ventura, e en 1937 (nunha viaxe a Copenhaguen) gravou catro cancións con Kai Ewans e a súa orquestra para o selo Tono.a orquesta de Kai Ewans con Adelaide Hall cantando "Where or When".
Carreira británica, 1938–93