Tyler Quincy Dorsey, nado o 18 de febreiro de 1996 en Pasadena, California, é un xogador grego-estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Fenerbahçe Beko da Basketbol Süper Ligi e da Euroliga.

Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2017, Dorsey foi seleccionado na 41ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Atlanta Hawks, asinando un contrato por dous anos.

O 7 de febreiro de 2019, Dorsey foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de Shelvin Mack.

O 17 de agosto de 2019, Dorsey fichou co Maccabi Tel Aviv BC israelí, asinando un contrato por un ano con opción a outro máis.

O 20 de agosto de 2021, Dorsey asinou por unha tempada co Olympiacos BC grego.

O 23 de xullo de 2022, Dorsey asinou cos Dallas Mavericks e co seu afiliado na NBA G League, os Texas Legends.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Pasadena, California‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto de Grecia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)