Aidan Walsh, nado en Belfast o 28 de marzo de 1997, é un boxeador irlandés, gañador da medalla de bronce na proba de peso wélter masculina nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrados en Tokyo.
Traxectoria Walsh adestra no Club de Boxeo Monkstown, en Newtownabbey. En 2015, gañou a medalla de ouro en peso wélter nos Xogos da Xuventude da Commonwealth.
No peso wélter, gañou a prata nos Xogos da Commonwealth de 2018 en representación de Irlanda do Norte. A súa irmá Michaela tamén é campioa afeccionada de boxeo.
Walsh competiu en representación da República de Irlanda na proba de peso wélter nos Xogos Olímpicos de 2020, onde gañou a medalla de bronce.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Belfast Categoría:Medallistas olímpicos en boxeo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Irlanda Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Boxeadores olímpicos de Irlanda Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Boxeadores de peso wélter Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 2024