miniatura|Tremisse do emperador Zenón I Recítaco (en grego:Ρεκιταχ) foi un oficial militar bizantino e un caudillo ostrogodo do século V durante o reinado do emperador bizantino Zenón I (reinado do 474 ao 475 e do 476 ao 491). Algunhas fontes clásicas suxirieron que Recítaco morrera asasinado por Teodorico o Amalo.Martindale 1980, p. 936
Traxectoria Era fillo de Teodorico Estrabón e probabelmente da súa esposa Sixilda.Martindale 1980, p. 1008 Aparece mencionado no 481, cando acompañou a seu pai na invasión de Grecia, sucedéndoo no mando cando este morreu. Durante algún tempo, compartiu o mando con dous tíos seus mais, despois de matalos, gobernou en solitario os territorios de Tracia onde estaban asentados un dos grupos ostrogodos.
Herdou de seu pai, Teodorico Estrabón, a inimizade a Teodorico o Amalo, seu curmán, na loita por facérense co mando dos ostrogodos e cos privilexios outorgados polo emperador bizantino. Esta competencia, foi aproveitada emperador Zenón quen incitou a Teodorico para que o matase. Así, Recítaco foi asasinado no 483/484Kim 2013, p. 88 nun suburbio de Constantinopla chamado Bonofaciana mentres camiñaba para as termas locais.Heather 2014, p. 47
Unha vez morto, a maior parte dos ostrogodos de Tracia, uníronse ao resto dos ostrogodos baixo o mando de Teodorico o Amalo, que se converteu no único rei ostrogodo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ostrogodos Amalos
Categoría:Nados no século V Categoría:Ostrogodos Categoría:Imperio Bizantino