120 Battements par minute é un filme francés de 2017 dirixido por Robin Campillo e protagonizado por Nahuel Pérez Biscayart, Arnaud Valois e Adèle Haenel. O filme conta a hiatoria do activismo pola SIDA de ACT UP Paris na década de 1990 en Francia. Campillo e o coguionista Philippe Mangeot baseáronse nas súas experiencias persoais con ACT UP no desenvolvemento da historia.
Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017. En Cannes obtivo a aclamación da crítica e catro premios, incluíndo o Gran Premio. Foi escollido como candidato de Francia ó Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse A principios da década de 1990, un grupo de activistas pola SIDA asociados coa sección parisiense de ACT UP dedícase a realizar accións para loitar contra a epidemia da SIDA. Aínda que o goberno francés declaou a súa intención de apoiar os enfermos, a organización protesta en público pola súa inactividade, acusándoo de censurar e minimizar a loita contra a doenza. Cando a compañía farmacéutica Melton Pharm anuncia os seus plan de anunciar os resultados das súas investigacións nunha importante conferencia o ano seguinte, ACT UP invade as súas oficinas con sangue falso esixindo que os publique inmediatamente. Ao mesmo tempo, dentro da organización, os seus membros debaten as estratexias do grupo.
Personaxes
Nahuel Pérez Biscayart como Sean Dalmazo Arnaud Valois como Nathan Adèle Haenel como Sophie Antoine Reinartz como Thibault Félix Maritaud como Max Médhi Touré como Germain Aloïse Sauvage como Eva Simon Bourgade como Luc Catherine Vinatier como Hélène Saadia Ben Taieb como nai de Sean Ariel Borenstein como Jérémie Théophile Ray como Marco Simon Guélat como Markus Jean-François Auguste como Fabien Coralie Russier como Muriel Samuel Churin como Gilberti (Melton Pharm) François Rabette como Michel Bernin
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Robin Campillo Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes sobre VIH/SIDA Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia