Charnego (do catalán xarnego, e este do castelán 'lucharniego'Charnego no DRAE.) é un adxectivo despectivoXarnego en Enciclopèdia.cat. utilizado en Cataluña entre os anos 50 e 70 para referirse ás persoas inmigrantesMás del 60% de la población de Cataluña es fruto de los flujos inmigratorios de este siglo. El País, 2 de outubro de 1999. que viven no territorio catalán e que proceden, polo xeral, doutros territorios españois de fala non catalá.Montserrat Clua i Fainé, Catalanes, inmigrantes y charnegos: "raza", "cultura" y "mezcla" en el discurso nacionalista catalán, Revista de Antropología Social, , Nº 20, 2011, páxs. 55-75. Dentro de Cataluña o termo xeralmente non está aceptado aínda que algúns castelán-falantes úsano para referirse a si mesmos, facendo que perda as súas connotacións insultantes. Neste sentido, co termo charnego sucedeu algo parecido a con outro termo orixinalmente pexorativo, polaco, usado en España para referirse a unha persoa de Cataluña, que pasou a estar aceptado.
Historia Inmigración en Cataluña Durante o século XVI produciuse en Cataluña unha forte inmigración francesa, sobre todo occitana e gascoa. A estes denominábaselles gavachos ou gavatxos. No País Valenciano tamén se usaba a denominación xarnego para referirse á mestura de valenciano con castelán, e así se denominaba aos murcianos, sendo un apelativo máis agarimoso que despectivo. Nos anos 1950 e 1960, cunha forte inmigración castelánfalante proveniente do resto de rexións españolas, estendeuse o seu uso para referirse de forma despectiva aos novos residentes. Francisco Candel describe a situación en Los otros catalanes (1964). Máis tarde el mesmo se autodefine como Un charnego en el senado (1979).
Reivindicación do termo
A palabra "charnego" sempre tivo un carácter despectivo, máis relacionado coa lingua que coa orixe xeográfica, e hoxe varias personalidades decláranse charnegas (de orixe non catalá ou ascendentes non cataláns) reivindicando unha situación de normalidade social. Actualmente, o insulto perde a súa carga pexorativa cando se emprega en castelán; con todo, algunhas persoas consideran o termo despectivo, racista e xenófobo. Úsase despectivamente para referirse ás persoas que viven en Cataluña e proceden doutras rexións (o cal normalmente é o seu uso común). Hai algúns anos chamábase catalán charnego ao nado en Cataluña fillo de pai ou nai non nado en Cataluña.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Maqueto
Categoría:Cataluña Categoría:Emigración Categoría:Discriminación en España