Van Gogh é un filme francés de 1991 escrito e dirixido por Maurice Pialat. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1991, e foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 64ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Ambientado en 1890, o filme segue os últimos 67 días da vida de Van Gogh e explora as súas relacións co seu irmán Theo, o seu médico Paul Gachet e as mulleres da súa vida, incluída a filla de Gachet, Marguerite.
Personaxes Jacques Dutronc como Vincent van Gogh Alexandra London como Marguerite (Gachet) Bernard Le Coq como Theo van Gogh Gérard Séty como Gachet Elsa Zylberstein como Cathy Corinne Bourdon como Jo Leslie Azzoulai como Adeline (acreditada como Leslie Azoulai) Jacques Vidal como Ravoux Lise Lamétrie como Madame Ravoux Chantal Barbarit como Madame Chevalier Claudine Ducret como mestra de piano Frédéric Bonpart como La Mouche Maurice Coussonneau como Chaponval Didier Barbier como o idiota Gilbert Pignol como Gilbert André Bernot como The Red Mound
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 64ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Maurice Pialat Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes ambientados en 1890 Categoría:Filmes biográficos Categoría:Vincent van Gogh