Bernhard Woytek, nado en Viena o 16 de agosto de 1974 é un numismático e historiador austríaco especializado na moeda da Antigüidade.

Traxectoria Bernhard Woytek é fillo do filólogo clásico austríaco Erich Woytek.Revue belge de numismatique et de sigillographie. Nº 151. (2005). Páxina 263.

En 1992 ingresou na Universidade de Viena para cursar Numismática, Historia Antiga e Estudos Clásicos, dos que se gaduou en 1996. O 12 de marzo de 2002 acadou o seu doutoramento, cunha tese centrada na historia financeira romana e na cuñaxe de moedas entre os anos 49 e 42 a. de C., que foi publicada en 2003 baixo o título de Arma et nummi.Recensión da obra (a cargo de Zehnacker Hubert), en Revue numismatique. 2005. Nº 161. Páxinas 227-230. Posteriormente acadou a súa habilitación docente e en 2009 recibiu a licenza venia docendi, cun traballo de investigación sobre a moeda imperial de Traxano,Véxase (2010) en "Publicacións". para exercer como profesor privado da materia de Numismática e Historia Monetaria na Universidade de Viena."Woytek, Bernhard". En Coins Weekly. 28 de setembro de 2016."Bernhard Woytek". ORDID.org

En 2001, Woytek comezou a traballar na Comisión de Numismática da Academia Austríaca de Ciencias, e a partir de 2005 integrouse no Instituto de Numismática e Historia Monetaria da Universidade de Viena, onde desde 2013 dirixe o Departamento Documenta Antiqua. Ademais, ocupou a xefatura adxunta do Departamento de Estudos Clásicos do Instituto Arqueolóxico de Austria, que forma parte da Academia de Ciencias.

Bernhard Woytek participou en estadías formativas en diversas institucións internacionais, como a American Numismatic Society, de Nova York (2010) ou a Universidade de Cambridge (2010-2011), e posteriormente impartiu docencia como profesor visitante ou invitado no Centro Ernest Babelon de Orleáns (2015), na Universidade Stanford (2016), na Universidade de Warwik (2018), no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico (2018) e na Universidade de Oxford (2019).

Entre outras entidades académicas internacionais, en 2009 foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en 2013 membro correspondente en Alemaña da Academia de Ciencias de Austria e en 2019 membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán.

Ademais, Woytek é membro de diversas institucións numismáticas, entre elas a Royal Numismatic Society, de Londres, a Sociedade Real de Numismática de Bélxica, a Sociedade Suíza de Numismática ou a Sociedade Numismática Austríaca."Doz.Mag.Dr.Bernhard Woytek". Österreichische Akademie der Wissenschaften.

Recoñecementos (2021): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Assemblée générale - 11 septembre 2021 (provisoire)". Société française de numismatique.

Publicacións Woytek publicou decenas de capítulos en obras conxuntas, así como artigos sobre numismática antiga nas máis prestixiosas revistas do sector (Schweizerische Numismatische Rundschau, Revue Belge de Numismatique, Schweizer Münzblätter, Revue Numismatique etc.)."Woytek, Bernhard 1974- ". Digital Library Numis. Ademais, é autor dos seguintes traballos monográficos:"Woytek, Bernhard". WorldCat Identities."Publikationen. Priv.-Doz. Mag. Dr. Bernhard Woytek ". Österreichische Akademie der Wissenschaften.

(2003). Arma et nummi. Österreichische Akademie der Wissenschaften (ÖAW). ISBN 978-3-7001-3159-5 (2010). Die Reichsprägung des Kaisers Traianus (98-117). ÖAW. ISBN 978-3-7001-6565-1 (2919). Infrastructure and Distribution in Ancient Economies (Ed.). ÖAW. ISBN 978-3-7001-8108-8

Notas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Viena Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Historiadores de Austria Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias