Mark Allen Simpson, nado o 4 de febreiro de 1961 en Fort Wayne, Indiana, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogaba na pocisión de ala cunha altura de 2,03 m. Foi o dúas veces máximo triplista da Liga ACB.
Traxectoria Nado en Fort Wayne e formado no Catawba College, Simpson foi elixido na sétima rolda do Draft da NBA de 1984 polos Denver Nuggets. Porén, non chega a xogar nunca na NBA e desenvolvería a súa carreira deportiva en Europa. As súas primeiras temporadas como profesional trasncorreron en Israel, Grecia e Francia. Na temporada 1988−1989 xoga no Napoli Basket, facendo unha media durante a temporada de 22 puntos e 7 rebotes por encontro.
A súas últimas catro temporadas como profesional serían en España, onde xoga dous anos no Cajabilbao e outros dous no Real Madrid. Nestas catro temporadas fai unha media de 18 puntos e 5 rebotes por partido. Especialista en triplas, no Real Madrid foi un dos dous estranxeiros xunto con Ricky Brown que axudaron á vitoria na Recopa de Europa. Ao ano seguinte, xa con tres estranxeiros por equipo, sumouse Arvydas Sabonis e conseguiu gañar a Liga ACB e Copa do Rei. Despois da final, e por problemas físicos nos xeonllos, Simpson decide retirarse da práctica activa do baloncesto, non sen antes dar positivo nun control antidopaxe ao inxerir un medicamento estadounidense chamado Elixir DM "sen consentimento dos servizos médicos do club". Simpson estábase a tratar unha forte catarreira. O xogador de non terse retirado, tivese sido sancionado con dous anos sen poder xogar.
Clubs Beitar Tel Aviv (Liga Lemuit, 1984−1985) PAOK Tesalónica (A1 Ethniki, 1985−1986) Caen Basket (Nationale 1A, 1986−1987) Beitar Tel Aviv (Liga Lemuit, 1987−1988) Paini Napoli (Serie A1, 1988−1989) Cajabilbao (ACB, 1989−1991) Real Madrid (ACB, 1991−1993)
Palmarés Campión da Recopa de Europa (1): 1992 Campión da Liga ACB (1): 1993 Campión da Copa do Rei (1): 1993 Máximo triplista da ACB (2): 1991, 1992
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB Perfil en Basketball Reference
Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do Beitar Tel Aviv Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica BC Categoría:Xogadores do Caen Basket Calvados Categoría:Xogadores do Napoli Basket Categoría:Xogadores do CB Caja Bilbao Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados no condado de Allen, Indiana