Kenneth Wayne Critton, nado o 12 de xaneiro de 1969 en Homer, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,03 metros de altura, xogaba nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria Formado nas universidades de West Texas Junior College e Washington State e non ser elixido no Draft da NBA, Critton viaxa a Europa para xogar no Club Baloncesto Breogán da Liga ACB. No club lucense xoga tan só tres partidos, continuando no club para reforzar os adestramentos. Ese mesmo ano asina polo Qilmes de Mar de Plata arxentino, para na seguinte temporada volver a Europa ao CB Mollet. Co equipo catalán da 1ª División B, segunda categoría do baloncesto español, tan só xoga un encontro até que se foi sen permiso de volta aos Estados Unidos. A razón da saída do club, segundo a prensa, é que foi a despedir á súa muller ao aeroporto de El Prat, mais unha vez alí decidiu irse con ela. O club xa lle tiña pagado dous meses de soldo, uns 10 800 euros.
Clubs DYC Breogán (ACB, 1992) CA Quilmes (Arxentina, 1992−1993) CB Mollet (1993)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en proballers.com Perfil en basketball-reference.com
Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Mollet Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Luisiana