Oscar Daniel Bezerra Schmidt, alcumado Mão Santa, nado o 16 de febreiro de 1958 en Natal, Río Grande do Norte, e finado o 17 de abril de 2026 na rexión metropolitana de São Paulo, foi un xogador profesional internacional de baloncesto brasileiro.
Oscar Schmidt rexeitou xogar na NBA para os New Jersey Nets para manter o seu status de "amador" xa que naquela altura, até 1989, non se permitía aos xogadores de clubs estadounidenses a participación dos en seleccións nacionais.
A familia informou da súa morte sen precisar as causas; 15 anos antes fora tratado dun cancro cerebral.
Traxectoria
Características Membro do Salón da Fama, xogaba na pocisión de ala cunha altura de 2,05 m. Schmidt foi considerado como o maior anotador da historia do baloncesto con 49 973 puntos, superando a Kareem Abdul Jabbar, aínda que foi despois superado por LeBron James.
Clubs Palmeiras (1974−1978) Sírio (1978−1982) América do Rio (1982) Phonola Caserta (1982−1990) Fernet Branca Pavia (1990−1993) Fórum Valladolid (1993−1995) Corinthians (1995−1997) Banco Bandeirantes (1997−1998) Barueri (1998−1999) Flamengo (1999−2003)
Palmarés Individual Considerado de forma non oficial o máximo anotador de todos os tempos. 49 973 puntos en total durante 1 626 partidos xogador (30,7 puntos por partido): 42 044 puntos en 1 289 partidos de club (32,6 puntos por partido). 7 693 puntos en 326 partidos coa selección do Brasil (23,6 puntos por partido). 236 puntos anotados en 11 All-Star Games de carreira nos que hai datos de puntuación dispoñibles (21,5 puntos por partido). 186 puntos anotados en 7 Liga Italiana All-Star Games, 46 puntos anotados en 3 ULEB All-Star Games disputados e 4 puntos anotados no NBA All-Star Game (como unha celebridade). Schmidt tamén xogou no FIBA All-Star Game en 1991, pero ningún total de puntos individuais anotados está dispoñible para ese xogo. Máximo anotador dos Xogos Olímpicos (3): Seul 1988 (42,3 puntos por partido, récord en calquera edición) Barcelona 1992 (24,8 puntos por partido) Atlanta 1996 (27,4 puntos por partido) Máximo anotador do Mundial de baloncesto (1): 1990 Máximo anotador da Liga italiana (7): 1984, 1985, 1986, 1987, 1989, 1990, 1992 Máximo anotador da Segunda división italiana (2): 1991, 1993 Máximo anotador da Liga española (1): 1994 Máximo anotador da Liga brasileira (10): 1979, 1980, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003 Membro do Salón da Fama da FIBA Membro do Salón da Fama do baloncesto
Colectivo Medalla de Ouro na Copa de Suramérica (3): 1977, 1983, 1985 Medalla de Bronce na Copa do Mundo (1): 1978 Campión da Copa Suramericana de Clubs: 1979 Campión da Liga brasileira (3): 1977, 1979, 1996 Campión da Copa de Italia (1): 1988
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB Perfil en Basketball Reference
Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto do Brasil Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Xogadores do Juvecaserta Basket Categoría:Xogadores do Pallacanestro Pavia Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados no estado do Río Grande do Norte