Nicholas Ostler, nado en Bath o 20 de maio de 1952, é un erudito e autor británico. Ostler estudou en Balliol College, onde se graduou en grego, latín, filosofía e economía. Posteriormente estudou baixo Noam Chomsky no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde obtivo o seu Ph.D. en lingüística e lingua sánscrita.
É o presidente da Foundation for Endangered Languages, creada no ano 1996, e vive en Hungerford, Inglaterra.
Obras Empires of the Word: A Language History of the World. HarperCollins: Londres e Nova York, 2005. Ad Infinitum: A Biography of Latin. HarperCollins no Reino Unido e Walker & Co. nos Estados Unidos: Londres e Nova York, 2007. The Last Lingua Franca: English until the Return to Babel. Penguin no Reino Unido e Bloomsbury/Walker Books nos Estados Unidos. Londres e Nova York, 2010. () Passwords to Paradise: How Languages Have Re-invented World Religions. Bloomsbury. Londres e Nova York, 2016.
Véxase tamén Bibliografía Author: Nicholas Ostler, Harper Collins. Consultado o 21 de xaneiro de 2007. Ostler, Nicholas. Empires of the Word: A Language History of the World. New York: Harper Perennial, 2005. Author: Nicholas Ostler, AP Watt (literary agent). Consultado o 26 de xullo de 2010.
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Bath Categoría:Escritores de Inglaterra