Eleanro Geisman,Ancestry.com according to the 1920 U.S. census nada no Bronx o 7 de outubro de 1917 e finada en Ojai, California, o 8 de xullo de 2006, foi unha actriz estadounidense, coñecida como June Allyson, unha das actrices máis populares das décadas de 1940 e 1950.

Traxectoria Nada en Nova York, non pasou unha infancia doada. En abril de 1918 (cando Allyson tiña seis meses), o seu pai alcohólico, que traballaba de conserxe, abandonou a familia. Allyson quedou na pobreza, vivindo cos seus avós maternos.Parish and Pitts 2003, p. 1. A súa nai traballaba como telefonista e caixeira de supermercado e cando tiña cartos abondos reuníase coa súa filla. Porén, habitualmente Allyson estaba cos seus avós ou outros parentes. Aos oitos anos, unha póla caeu sobre ela mentres montaba no seu triciclo co seu can.Harmetz, Aljean. "June Allyson, Adoring Wife in MGM Films, Is Dead at 88." The New York Times, 11 de xullo de 2006. Consultado o 14 de marzo de 2010. Ela sufriu fracturas moi graves e o can morreu. Ata os doce anos tivo que realizar rehabilitación con terapias de natación e baile.

O seu primeiro papel foi como "inxenua" para Educational co cantante Lee Sullivan, os bailaríns cómicos Herman Timberg, Jr. e Pat Rooney, Jr., e a futura estrela Danny Kaye nunha serie de curtametraxes, incluídas Swing for Sale (1937), Pixilated (1937), Ups and Downs (1937), Dime a Dance (1938), Dates and Nuts (1938) e Sing for Sweetie (1938).

Debutou en Broadway en 1938 como corista na obra Sing Out the News aos vinte anos e en 1943 apareceu no filme Best Foot Forward.Hirschhorn 1991, p. 224. A súa carreira tivo grandes éxitos musicais como Thousands Cheer and Good News! (1947), e asinou un importante contrato con Metro Goldwyn Mayer que en 1949 a levou a interpretar entre outros filmes o papel de "Jo" March no filme Little Women, baseado no libro homónimo de Louisa May Alcott, que foi un grande éxito. Allyson era experta en chorar cando lle daban pé e moitos dos seus filmes incluían unha escena de bágoas. A súa colega en MGM Margaret O'Brien dixo que ela e Allyson eran chamadas "as choronas da vila".Allyson and Leighton 1982, p. 37. Posteriormente dixo "chorei unha vez nun filme e dixeron 'fagámolo outra vez'. E chorei o resto da miña carreira".

A partir da década de 1950 interpretou especialmente o papel de rapaza sensible e bondadosa, que lle permitiu destacar en filmes como The Girl in White (1952), The Glenn Miller Story (1954) ou Woman's World (1954), de Jean Negulesco. En 1951 gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia polo seu papel no filme Too Young to Kiss, en que interpretaba unha nena prodixio e a súa irmá máis vella.

A serie The DuPont Show with June Allyson (1959–60) tivo dúas temporadas na CBS e foi descrita por Allyson como "a cousa máis dura que fixen nunca". Tamén apareceu en programas como Zane Grey Theater, The Dick Powell Theatre e Burke's Law antes de retirarse varios anos tras enviuvar en 1963.

Faleceu debido a un fallo respiratorio.Mormon 2007, p. 65.

Vida persoal Cando chegou a Hollywood, os directivos do estudio intentaron emparellala con Van Johnson obrigándoos a ter unha serie de "citas oficiais" moi publicitadas.Allyson e Leighton 1982, pp. 51–53. Aínda que tivo citas con David Rose, Peter Lawford e John F. Kennedy, Allyson estaba en realidade saíndo con Dick Powell, trece anos máis vello ca ela e que estivera casado con Mildred Maund e Joan Blondell.Kennedy 2007, p. 130.

O 19 de agosto de 1945, Allyson provocou o enfado de Louis B. Mayer ao casar con Powell.Wayne 2002, p. 392. O matrimonio tivo dous fillos, Pamela Allyson Powell (adoptada en 1948) e Richard Powell, Jr., nado o 24 de decembro de 1950.Allyson and Leighton 1982, pp. 30–31 A mediados da década de 1950 Allyson tivo un romance co actor Alan Ladd.

Allyson solicitou o divorcio de Powell en 1961 por mor da obsesión polo traballo del. En febreiro dese ano recibiu 2,5 millóns de dólares e a custodio dos seus fillos. Porén, antes de que se consolidase o divorcio reconciliáronse e permaneceron casados ata a morte de Powell o 2 de xaneiro de 1963. A perda de Powell levou a Allyson a beber demasiado. En 1963 ía fuxir co barbeiro do seu marido, Glenn Maxwell, mais finalmente decidiu non facelo. Ela e Maxwell casaron posteriormente e divorciáronse para volver a casar e divorciarse máis adiante.

En 1976, Allyson casou con David Ashrow, dentista convertido en actor co que actuou ocasionalmente en teatros e nas xiras do transatlántico Royal Viking Sky."Biography: June Allyson." juneallyson.com. Consultado o 17 de outubro de 2010.

Filmografía + Filme Ano Título Personaxe Notas 1937 Swing for Sale Curtametraxe 1937 Pixilated Curtametraxe 1937 Ups and Downs June Daily Curtametraxe 1937 Dime a Dance Harriet Curtametraxe 1937 Dates and Nuts Wilma Brown, Herman's girl Curtametraxe 1938 Sing for Sweetie Sally Newton Curtametraxe 1938 The Prisoner of Swing Princess Curtametraxe 1938 The Knight Is Young June Curtametraxe 1939 Rollin' in Rhythm Curtametraxe 1940 All Girl Revue Mayor Curtametraxe 1943 Best Foot Forward Ethel 1943 Girl Crazy Specialty Singer 1943 Thousands Cheer Specialty Singer 1944 Two Girls and a Sailor Patsy Deyo 1944 Meet the People Annie 1944 Music for Millions Barbara Ainsworth 1945 Her Highness and the Bellboy Leslie Odell 1945 The Sailor Takes a Wife Mary Hill 1946 Two Sisters from Boston Martha Canford Chandler 1946 Till the Clouds Roll By Jane Witherspoon/Lou Ellen Carter Segmentos Leave It to Jane e Oh, Boy! 1946 The Secret Heart Penny Addams 1947 High Barbaree Nancy Frazer 1947 Good News Connie Lane 1948 The Bride Goes Wild Martha Terryton 1948 The Three Musketeers Constance Bonacieux 1948 Words and Music Alisande La Carteloise 1949 Little Women Josephine "Jo" March 1949 The Stratton Story Ethel 1950 The Reformer and the Redhead Kathleen Maguire 1950 Right Cross Pat O'Malley 1951 Too Young to Kiss Cynthia Potter 1952 The Girl in White Dr. Emily Barringer 1953 Battle Circus Tte. Ruth McCara 1953 Remains to Be Seen Jody Revere 1954 The Glenn Miller Story Helen Burger Miller 1954 Executive Suite Mary Blemond Walling 1954 Woman's World Katie Baxter Tamén coñecido como A Woman's World 1955 Strategic Air Command Sally Holland 1955 The Shrike Ann Downs 1955 The McConnell Story Pearl "Butch" Brown 1956 The Opposite Sex Kay Hilliard 1956 You Can't Run Away from It Ellen "Ellie" Andrews 1957 Interlude Helen Banning Tamén coñecido como Forbidden Interlude 1957 My Man Godfrey Irene Bullock 1959 A Stranger in My Arms Christina Beasley Tamén coñecido como And Ride a Tiger 1972 They Only Kill Their Masters Mrs. Watkins 1978 Blackout Mrs. Grant 2001 A Girl, Three Guys, and a Gun Joey's Grandma

Notas

Véxase tamén Bibliografía Allyson, June. June Allyson's Feeling Great: A Daily Dozen Exercises for Creative Aging. Nova York: Da Capo Press, 1987. Basinger, Jeanine. The Star Machine. Nova York: Knopf, 2007. Becker, Christine. It's the Pictures That Got Small: Hollywood Film Stars on 1950s Television (Wesleyan Film). Indianapolis, Indiana: Wesleyan, 2009. Davis, Ronald L. Van Johnson: MGM's Golden Boy (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2001. . Eyman, Scott. Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Meyer. Nova York: Simon & Schuster, 2005. Fordin, Hugh. M-G-M's Greatest Musicals. Nova York: Da Capo Press, 1996. Hirschhorn, Clive. The Hollywood Musical. Londres: Pyramid Books, 1991, primeira edición de 1981. Kennedy, Matthew. Joan Blondell: A Life between Takes (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2007. Milner, Jay Dunston. Confessions of a Maddog: A Romp through the High-flying Texas Music and Literary Era of the Fifties to the Seventies. Denton, Texas: University of North Texas Press, 1998. Mormon, Robert. Demises of the Distinguished. Bloomington, Indiana: AuthorHouse, 2007. Parish, James Robert e Michael R. Pitts. Hollywood Songsters: Singers Who Act and Actors who can Sing. Londres: Routledge, 2003. Wayne, Jane Ellen. The Golden Girls of MGM: Greta Garbo, Joan Crawford, Lana Turner, Judy Garland, Ava Gardner, Grace Kelly and Others. Nova York: Carroll & Graf Publishers, 2002. Wayne, Jane Ellen. The Leading Men of MGM. Nova York: Da Capo Press, 2006.

Ligazóns externas Páxina oficial Joe Daurril's Allyson Without Tears Obituary in the Los Angeles Daily News Obituario en The New York Times (11 de xullo de 2006) Photographs and literature

Categoría:Nados no Bronx Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa