Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917 e finado o 12 de xullo de 2018, foi un médico e político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.

Traxectoria Os seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban o hotel Estrella en Santiago de Compostela.El Correo hace 25 años , artigo en El Correo Gallego o 31 de marzo de 2009 . En 1936, durante a guerra civil española, foi chamado a filas polo bando nacional. Foi enviado ás frontes de Brunete e Belchite cando xa estaban case pacificadas, e despois embarcou no buque Baleares, que abandonou antes do seu afundimento. En 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. A súa promoción, chamada 9ª bis, titulouse o 26 de febreiro de 1939.

Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos de tendencia conservadora.

miniatura|left|Recibido por Felipe González no palacio da Moncloa (1985) En 1981 encabezou como independente a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia. Tras ingresar en AP, Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia.

En 1984 explicou no Parlamento de Galicia o seu encontro en Portugal o 6 de xullo dese ano con contrabandistas e narcotraficantes galegos en Vila Nova de Cerveira.Diario de Sesións do Parlamento de Galicia , 27 de novembro de 1984.

O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999. Vida persoal

Casou en xaneiro de 1952 con María Asunción Baltar Tojo, filla de Ramón Baltar Domínguez.El Correo gallego, 31-1-1952, p. 2. Foi irmán de Josefina Fernández Albor (falecida en 2009) e do xurista Agustín Fernández Albor.

Galardóns esquerda|miniatura|Placa homenaxe en Malpica.

Fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal.Maceiras: "Por mérito propio, Albor es ya pobrense ilustre" , El Correo Gallego, 30/10/2010.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Xosé Ramón (2011): "Fernández Albor, Xerardo" en Diccionario Biográfico Español, Madrid: Real Academia da Historia.

, Xosé Ramón (2009): O triunfo do galeguismo. Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Editorial Dykinson. , Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas 20px Galegos, da TVG.

Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Presidentes da Xunta de Galicia Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Europarlamentarios do PPE Categoría:Centenarios galegos Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Europarlamentarios de España (1989-1994) Categoría:Europarlamentarios de España (1994-1999)