Mr. Bean's Holiday é un filme de 2007 baseado na comedia británica O señor Bean, que á súa vez serve como secuela do filme de 1997 Bean. Dirixido por Steve Bendelack e escrito por Hamish McColl e Robin Driscoll a partir dunha historia de Simon McBurney, é unha coprodución entre o Reino Unido, os Estados Unidos de América e Francia producida por StudioCanal, Working Title Films e Tiger Aspect Films, e distribuída por Universal Pictures. Está protagonizado por Rowan Atkinson, xunto con Max Baldry, Emma de Caunes, Willem Dafoe e Karel Roden.

Mr. Bean's Holiday estreouse nos cinemas do Reino Unido o 30 de marzo de 2007 e nos Estados Unidos o 24 de agosto de 2007. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica mais foi un éxito de recadación, superando os 232,2 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 25 millóns.

Personaxes Rowan Atkinson como Mr. Bean Emma de Caunes como Sabine Max Baldry como Stepan Dachevsky Willem Dafoe como Carson Clay Jean Rochefort como Maître d'Hôtel Karel Roden como Emil Dachevsky Steve Pemberton como The Vicar Catherine Hosmalin como Ticket Inspector Urbain Cancelier como condutor de autobús Stéphane Debac como controlador de tráfico Julie Ferrier como First AD Lily Atkinson como Lily

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Working Title Films Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes producidos por Eric Fellner Categoría:Filmes producidos por Tim Bevan Categoría:Filmes baseados en series de televisión Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América