Logan é un filme estadounidense de 2017 dirixido por James Mangold e protagonizado por Hugh Jackman. Trátase do décimo filme da serie de X-Men e o terceiro e derradeiro da triloxía de Wolverine, após X-Men Origins: Wolverine (2009) e The Wolverine (2013). Inspírase na trama da banda deseñada de "Old Man Logan" de Mark Millar e Steve McNiven, baseada nun futuro alternativo no que o personaxe de Lobeto está envellecido e o profesor Charles Xavier moi enfermo. Terá que defender a Laura, unha moza mutante perseguida polos Reavers, liderados por Donald Pierce e Zander Rice. O filme está producido por 20th Century Fox, Marvel Entertainment, TSG Entertainment e The Donners' Company, e distribuído por 20th Century Fox. Ademais de Hugh Jackman, o filme está protagonizado por Patrick Stewart, Richard E. Grant, Boyd Holbrook, Stephen Merchant e Dafne Keen.

Sinopse No ano 2029, mentres os mutantes están en vías de extinción, Logan vive discretamente como chofer e coida do seu vello amigo o profesor Charles Xavier, doente e moi feble, agochado no norte de México coa axuda de Caliban, un dos últimos mutantes que aínda viven. Pero Logan axiña terá que deixar a súa vida retirada para axudar a Laura, unha rapaza acurralada por perigosos individuos. Ten poderes semellantes aos de Lobeto como as gadoupas retráctiles e o poder de recuperación.

Elenco Hugh Jackman como Logan / X-24. Patrick Stewart como Charles Xavier. Dafne Keen como Laura / X-23. Boyd Holbrook como Donald Pierce. Stephen Merchant como Caliban. Richard E. Grant como Dr. Rice.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do filme

Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes rodados en Luisiana Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 2029 Categoría:Filmes dirixidos por James Mangold Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Filmes sobre alzhéimer Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX