Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen ("Compendio de gramática comparada das linguas indoeuropeas") é unha obra fundamental da lingüística histórica escrita por Karl Brugmann e Berthold Delbrück, publicada en dúas edicións entre 1886 e 1916. Brugmann elaborou a fonoloxía e morfoloxía, e Delbrück dedicouse á sintaxe.
A gramática do protoindoeuropeo reconstrúese a partir da das linguas fillas que se coñecían a finais do século XIX. A obra representa un gran paso nos estudos indoeuropeos, despois da Gramática comparada, de Franz Bopp de 1833 e o Compendium de August Schleicher de 1871. A reavaliación neogramática Brugmanniana do protoindoeuropeo resultou nunha obra que, en esencia, seguiu a ser válida ata o presente.
Primeira edición
Brugmann vol. I: Fonoloxía (1886). vol. II: Nome (1888), Numerais e pronomes, Verbo (1892). Índices (1893). Delbrück vol. III: Sintaxe, parte I (1893). vol. IV: Sintaxe, parte II (1897). vol. V: Sintaxe, parte III (1900).
Os volumes da primeira edición traduciunos ao inglés J. Wright e W. H. D. Rouse inmediatamente tras a súa aparición.
Segunda edición
Inmediatamente despois da súa publicación, Brugmann comezou a traballar nunha segunda edición amplamente revisada:
vol. I: (1897). vol. II.1: (1906). vol. II.2: (1911). vol. II.3: (1916).
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Indoeuropeística