Segundo a mitoloxía clásica, Latino era rei dos aborixes da Península Itálica cando os troianos chegaron ó Lacio.

Historia

Impresionado pola súa perseveranza e valor, Latino deulles aos troianos asilo e lugar onde fundar unha cidade, e a súa filla Lavinia casou con Eneas. Este, en honor á súa muller, chamoulle Lavinio á nova cidade. O rei latino morreu durante a guerra cos etruscos e rútulos comandados por Turno e o rei Mecencio. Eneas chamoulle latinos ó conxunto de aborixes e troianos na memoria deste rei.

Notas

Categoría:Reis de Alba Longa