Elizabeth Fry (de solteira Gurney), nada en Norwich o 21 de maio de 1780 e finada en Ramsgate o 12 de outubro de 1845, foi unha reformista de prisións e social, filántropa e cuáquera inglesa. Fry foi unha das principais impulsoras da nova lexislación para mellorar o tratamento das persoas presas, especialmente das mulleres, e como tal foi chamado o "anxo das prisións". Foi fundamental na Gaols Act de 1823 que obrigaba á segregación por sexo das prisións e gardas femininas para reclusas para protexelas da explotación sexual. Fry gardou extensos diarios en que é explícita a necesidade de protexer as prisioneiras contra a violación e a explotación sexual.
Foi apoiada nos seus esforzos pola raíña Vitoria e polos emperadores Alexandre I e Nicolao I e mantivo correspondencia con ambas as súas esposas e coa emperatriz nai.
Traxectoria Elizabeth Gurney naceu en Norwich, condado de Norfolk, Inglaterra, nunha familia de cuáqueros. Motivada pola lectura dos evanxeos, desde a súa adolescencia interesouse polos pobres, os enfermos e os prisioneiros. Con vinte anos, casou con Joseph Fry; a parella tivo once fillos en dezaseis anos.
En 1812 quedou horrorizada polo que viu nunha visita ao cárcere de Newgate."Elizabeth Fry", Quakers in the World O día seguinte, volveu, levando comida e roupa aos prisioneiros. Despois, tras un período de dificultades familiares, especialmente económicas, regresou ao cárcere en 1816 e estableceu alí unha escola para nenos encarcerados cos seus pais.
En 1817 converteuse nun membro clave dunha organización que axudaba os prisioneiros e os seus fillos e comezou a ser coñecida. Traballou para mellorar o tratamento dos presos deportados a Australia. A súa influencia estendeuse a Francia, Prusia e Rusia. En 1818, informou á Cámara dos Comúns das condicións de vida nas prisións británicas, converténdose na primeira muller que falou perante o parlamento británico.
Tamén axudou as persoas sen fogar, establecendo un "refuxio nocturno" despois de ver o cadáver dun neno durante o inverno de 1819-1820.
O seu traballo viuse restrinxido pola bancarrota do seu marido en 1828, mais iso non lle impediu continuar. En particular, foi a Francia onde, en 1839, recibiu a autorización oficial para visitar todos os cárceres para facer unha descrición detallada. Foi durante a súa xira por Francia cando se detivo en Congénies, no Gard, para coñecer a comunidade cuáquera local.
Morreu en Ramsgate en 1845 dun derramo cerebral e foi enterrada no cemiterio dos cuáqueros de Barking. Membros do Ramsgate Coast Guard puxeron as bandeiras a medio mastro como respecto a Fry, unha práctica que ata ese momento se reservara oficialmente para a morte dun monarca reinante.'Memoirs of Mrs. Elizabeth Fry' (second edition) by Rev. Thomas Timpson. Londres: Aylott and Jones, 1847 Máis dun milleiro de persoas permaneceron en silencio durante o enterro.
Legado O fundador da Cruz Vermella, Henri Dunant, escribiu nas súas memorias que ademais de Harriet Beecher Stowe e Florence Nightingale, Elizabeth Fry influíu nel a través do seu traballo para a mellora da vida nos cárceres.
En 1952, a oficina de correos alemá presentou un selo postal co seu retrato; o seu valor de 4+2 Pfennig incluía unha recarga de caridade. En conmemoración dos seus logros, foi representada no billete de 5 libras esterlinas do Banco de Inglaterra, en circulación entre 2002 e 2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Anderson, George M. "Elizabeth Fry: timeless reformer." America 173 (Fall 1995): 22–3. Clay, Walter Lowe. The Prison Chaplain. Montclair. New Jersey.: Patterson Smith, 1969. Fairhurst, James. "The Angel of Prisons." Ireland's Own 4539 (Fall 1996):5. Fry, E., & Ryder, E. (1883). Elizabeth Fry: Philanthropist, preacher, prison-reformer: Life and labors / taken from the Memoir edited by her daughters, including her journal and from other sources, by Edward Ryder. Pawling, N.Y.: P.H. Smith. MMSID 991006613419702626 Fry, Katherine. Memoir of the Life of Elizabeth Fry. Montclair, N.J.: Patterson Smith, 1974. Second edition, 1848 available on GoogleBooks. Hatton, Jean. Betsy, the dramatic biography of a prison reformer. Oxford & Grand Rapids, Míchigan, Monarch Books, 2005. ( (UK), (USA). Johnson, Spencer. The Value of Kindness: The Story of Elizabeth Fry. 2nd ed. 1976. () Kent, J. (1962). Elizabeth Fry / John Kent. (Makers of Britain). Londres: Batsford. MMSID 991009174159702626 Lewis, Georgina. Elizabeth Fry. Londres: Headley Brothers, 1909. MMSID 991013186339702626 Francisca de Haan, 'Fry, Elizabeth (1780–1845)’ en Oxford Dictionary of National Biography , consultado o 21 de maio de 2009. Pitman, E.R. Elizabeth Fry. Boston, Mass.: Roberts Brothers, 1886. Rose, June. Elizabeth Fry, a biography. Londres & Basingstoke: Macmillan, 1980. () reimpreso en 1994 por Quaker Home Service . Rose, June. Prison Pioneer: The Story of Elizabeth Fry. Quaker Tapestry Booklets, 1994. Timpson, Thomas. "Memoir of Mrs. Elizabeth Fry." Londres: Aylott and Jones, 1847. Whitney, Janet. Elizabeth Fry: Quaker Heroine. Londres: George Harrap & Co. Ltd., 1937, Nova York, N.Y.: Benjamin Blom, Inc., 1972.
Ligazóns externas Elizabeth Fry on the history of social work timeline A sermon by Elizabeth Fry BBC – The five pound question: Who is Elizabeth Fry? Elizabeth Fry at Howard League for Penal Reform Elizabeth Fry Biography Association of Elizabeth Fry Societies Canada (Canadian societies for penal reform) Works at Open Library Letters from Elizabeth Fry, 1820 and 1827, State Library of New South Wales, Af 30
Categoría:Nados en Norfolk Categoría:Nados en 1780 Categoría:Finados en 1845 Categoría:Activistas do Reino Unido