Xesús Alonso Pimentel, tamén chamado Cuchús Pimentel, nado en Palencia en 1959, é un guitarrista lugués.
Traxectoria Naceu en Palencia, onde daba clase o seu pai, o escritor e polígrafo Xesús Alonso Montero, mais axiña foron vivir a Lugo. Pimentel formouse en guitarra clásica primeiro, e en guitarra de jazz despois, se ben destaca fundamentalmente polo seu traballo como guitarrista de flamenco. Nos seus tempos mozos traballou en grupos de rock, como N.H.U. ou Noroeste, así como no conxunto de jazz Baio Ensemble.
Participou no disco La sal de la vida, canda Uxía, Rasha e María Salgado. Acompañou habitualmente o mozo cantaor lugués El Kiki.
Discografía La Sal de la Vida (Nubenegra), 1997, en colaboración con Rasha, María Salgado e Uxía. Música de Galicia (Do Fol), 1999 Pimenteira, Stone Records, 1994, con Marcos Teira
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Nados en Palencia Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes