Rasha, nada en Ondurmán, preto de Khartún, en 1971, é unha cantante e percusionista sudanesa.
Traxectoria Pertence a unha familia moi numerosa na que a maior parte dos seus membros son artistas: músicos, pintores, actores... Unha das súas irmás é unha das poucas mulleres que tocan o laúde no Sudán.
Rasha traballou no Sudán na radio, na televisión e no teatro, pero sempre con carácter semiprofesional. Fuxindo da guerra civil instalouse en España, e a partir de xuño de 1991 comeza a facer traballos como profesional con diferentes grupos e co seu irmán Wafir, integrante de Radio Tarifa, gravando en solitario o seu disco Sudaniyat. Con este álbum obtivo un grande éxito de crítica e foi valorado como un dos dez mellores títulos anuais no seu estilo.
En 1997 participa na gravación de La sal de la vida, un disco coa participación de María Salgado, Uxía e Xesús Pimentel.
En 1998 tocou para as Nacións Unidas durante a celebración do Día da muller.
No 2000 colaborou no álbum de Mastretta Luna de miel.
Discografía 1997: La sal de la vida, a canda María Salgado, Uxía e Xesús Pimentel. 1997: Sudaniyat 1996: Salamat Khartoum, co grupo Kambala. Notas
Categoría:Músicos do Sudán Categoría:Nados no Sudán Categoría:Nados en 1971