Dunmurry (do irlandés Dún Muirígh, que significa "fortaleza de Murry") é unha townland localizada no condado de Antrim, Irlanda do Norte, entre as cidades de Belfast e Lisburn. En abril de 2015, Dunmurry foi incorporada a Belfast, sendo transferida ao concello daquela cidade no ámbito das reformas do goberno local.

Dunmurry ten as súas propias tendas e escolas, unha escola secundaria situada na River Road en Seymour Hill, e tamén posúe igrexas e outras amenidades modernas. Dunmurry é flanqueada polo río Lagan que, malia ser canalizado, aínda mantén a atmosfera dun tranquilo canal rural.

Dunmurry foi o lugar escollido para construír a fábrica da DeLorean Motor Company en 1980, onde foi fabricado o coche deportivo DMC DeLorean,Bright future at old DeLorean plant in Belfast. www.irishtimes.com. famoso pola súa aparición na triloxía de filmes Back to the Future.

Deporte O Club de crícket de Dunmurry xoga na NCU Senior League. Dunmurry Recreation F.C., comunmente máis coñecido como Dunmurry Rec. Dunmurry Young Men F.C. Iveagh United F.C. Club de golf de Dunmurry. Eire Og Derriaghy.

Notas

Categoría:Irlanda do Norte