María Ignacia Ceballos González-Llanos, máis coñecida como Zaza Ceballos, nada en Abeancos, Melide, é unha escritora, produtora e directora cinematográfica galega.Biografía en adictos al cine.com.
Traxectoria Zara Ceballos é unha de das pioneiras do sector audiovisual galego.
Estudou Inglés e Literatura nos Estados Unidos de América, e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 comezou a traballar na Televisión de Galicia no Departamento de Información e na Oficina de Desenvolvemento das relacións exteriores da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, pasando en 1987 a ocupar diversos postos de responsabilidade. Tamén foi membro da comisión de expertos para a concesión das axudas da Consellería de Cultura e responsábel de coproducións nacionais e internacionais. No ano 1998 fundou Zenit Televisión, empresa da que actualmente é a directora, e foi a produtora executiva de varios filmes, documentais e series de televisión destacando entre estes traballos os dedicados a Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Rosalía de Castro. Ademais destes labores, é profesora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (campus de Ourense).
Obra Zaza Ceballos participou nas seguintes obras:Zaza Ceballos. Producer, Writer, Director na Internet Movie Database. 2000 - Rías Baixas. Serie de TV Produtora executiva 2003 - Cala reial. Filme de TV. Produtora executiva, produtora 2003 - La costa herida. Filme de TV documental. Creaora, produtora executiva, produtora 2004 - Cota roja. Filme de TV. Produtora executiva, produtora 2004 - Romasanta. A caza da besta. Filme. Produtora asociada 2006 - Matrimonis i patrimonis. Serie de TV. Produtora executiva, produtora 2007 - Valderrei. Serie de TV. 4 episodios. Produtora executiva 2007 - Música secreta. Filme de TV. Produtora asociada, coprodutora 2007 - L'Alqueria Blanca. Serie de TV. Produtora executiva 2007 - El hombre de Roma. Produtora executiva 2007 - Manada de lobos. Produtora executiva 2007 - Profecías. Produtora executiva 2007 - El secreto de los Borgia. Produtora executiva 2007 - Los hijos de Loki. Produtora executiva 2007 - Quart: El hombre de Roma. Serie de TV. 5 episodios. Produtora executiva 2008 - La bella Otero. Miniserie de TV. 2 episodios. Produtora executiva, produtora 2008 - Astano, a forxa dun soño. Documental. Produtora executiva, idea orixinal 2008 - Por que todo me sae choco?. Serie de TV. 27 episodios. Produtora executiva, idea orixinal 2008 - Unha cea fría. Produtora executiva, idea orixinal 2008 - Homes... quen os necesita? Produtora executiva, idea orixinal 2008 - Quen foi?. Produtora executiva, idea orixinal 2008 - Saúde, diñeiro e amor. Produtora executiva, idea orixinal 2006-2008 - Maridos e mulleres. Serie de TV. 26 episodios. Produtora executiva, idea orixinal 2009 - Cripto. Produtora executiva, idea orixinal 2009 - Agora. Produtora executiva, idea orixinal 2009 - Cre en min, crei en ti. Produtora executiva, idea orixinal 2009 - Cuestión de probabilidades. Produtora executiva, idea orixinal 2009 - Quen sabe...? Produtora executiva, idea orixinal 2009 - Gondar. Serie de TV. 23 episodios. Produtora executiva, idea orixinal 2009 - O bonito crime do carabineiro. Filme de TV. Produtora executiva, produtora 2011 - Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde. Filme de TV. Directora, produtora executiva 2012 - Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. Filme de TV. Produtora executiva, produtora 2013-2014 - El Faro. Serie de TV. 117 episodios. Produtora executiva 2015 - La Xirgu. Filme de TV. Produtora executiva, coprodutora 2015 - El hechizo genético de los Austrias. Documental. Produtora executiva 2016 - El milagro de Ferrol. Documenta. Produtora executiva 2017 - Juana de Vega. Vizcondesa do Arado. Serie de TV. 2 episodios. Directora e produtora 2016-2017 - Fontealba Serie de TV 140. 140 episodios. Produtora executiva 2018 - Contou Rosalía. Filme de TV. Produtora 2019 - Elisa e Marcela. Filme cine. Produtora, podutora executiva 2020 - El último show''. Serie de TV. 8 episoios. Produtora executiva
Premios Medalla Emilia Pardo Bazán de 2021 polo seu labor centrado no recoñecemento á muller.. Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Intervención de Zaza Ceballos no acto na honra de Emilia Pardo Bazán celebrado na sala multiusos do campus de Ourense (UVIGO) (Vídeo).
Categoría:Nados en Melide Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Produtores de cinema de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Medalla de Ouro de Galicia