miniatura|dereita|Arto Paasilinna Arto Paasilinna, nado en Kittilä o 20 de abril de 1942 e finado en Espoo o 15 de outubro de 2018, foi un escritor e ex xornalista finlandés. Foi un autor de éxito e algúns dos seus libros foron traducidos ás principais linguas europeas, incluído o galego; O bosque dos raposos aforcados, O muiñeiro ouveador e O ano da lebre.

Traxectoria En Finlandia está considerado coma un dos autores actuais máis populares, cun importante número de lectores en Francia onde foi comparado con Gabriel García Márquez. Os seus libros reflicten a vida cotiá dos finlandeses, xeralmente dende a perspectiva masculina dun home de idade media.

Algunhas veces ten sido acusado de escribir libros que se asemellan moito os uns aos outros, mais o seu estilo consegue un amplo número de lectores que se mantén fiel e segue a medrar, como demostra a cantidade de best-séllers que ten publicado ao longo da súa carreira.

Novelas Operaatio Finlandia (1972) Paratiisisaaren vangit (1974) O ano da lebre (1975, Jäniksen vuosi) Onnellinen mies (1976) Isoisää etsimässä (1977) Sotahevonen (1979) Herranen aika (1980) O muiñeiro ouveador (1981, Ulvova mylläri) Kultainen nousukas (1982) O bosque dos raposos aforcados (1983, Hirtettyjen kettujen metsä) Ukkosenjumalan poika (1984) Parasjalkainen laivanvarustaja (1985) Vapahtaja Surunen (1986) Koikkalainen kaukaa (1987) Suloinen myrkynkeittäjä (1988) Auta armias (1989) Hurmaava joukkoitsemurha (1990) Elämä lyhyt, Rytkönen pitkä (1991) Maailman paras kylä (1992) Aatami ja Eeva (1993) Volomari Volotisen ensimmäinen vaimo ynnä muuta vanhaa tavaraa (1994) Rovasti Huuskosen petomainen miespalvelija (1995) Lentävä kirvesmies (1996) Tuomiopäivän aurinko nousee (1997) Hirttämättömien lurjusten yrttitarha (1998) Hirnuva maailmanloppu (1999) Ihmiskunnan loppulaukka (2000) Kymmenen riivinrautaa (2001) Yhdeksän unelmaa (2002) Liikemies Liljeroosin ilmalaivat (2003) Tohelo suojelusenkeli (2004) Suomalainen kärsäkirja (2005) Kylmät hermot, kuuma veri (2006) Rietas rukousmylly (2007) Neitosten karkuretki (2008) Elävänä omissa hautajaisissa (2009)

Traducións ao galego O bosque dos raposos aforcados (Hirtettyjen kettujen metsä, 1983) publicado en 2006 por Rinoceronte Editora, traducido por Tomás González Ahola. O muiñeiro ouveador (Ulvova mylläri, 1981) publicado en 2007 por Rinoceronte Editora, traducido por Tomás González Ahola. O ano da lebre (Jäniksen vuosi, 1975) publicado en 2018 por Rinoceronte Editora, traducido por Tuula Ahola e Tomás González Ahola.

Outras obras Karhunkaataja Ikä-Alpi, (1964) Kansallinen vieraskirja, graffiitti eli vessakirjoituksia, (1971) Sadan vuoden savotta, (2002) Yhdeksän unelmaa, (2003) Natalia, (1979)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Arto Paasilinna

Categoría:Escritores en lingua finesa Categoría:Escritores de Finlandia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados na rexión de Laponia Categoría:Finados en 2018