dereita|miniatura|Bandeira de Libia.
O nacionalismo libio (en ) é unha ideoloxía política nacionalista que defende a unidade dos libios e da súa identidade cultural. O nacionalismo libio comezou a xurdir coa creación das ordes relixiosas senussi na década de 1830 que mesturaban o sufismo norteafricano co islam ortodoxo. Despois da colonización de Libia por Italia, os opositores ao dominio colonial italiano de Tripolitania e Cirenaica combinaron forzas en 1922, co líder senussi Omar Mukhtar liderando a revolta contra as forzas italianas en Libia. Libia converteuse nun estado independente despois da segunda guerra mundial.
Libia baixo o mandato de Muamar al-Qadafi inicialmente perseguiu o panarabismo mais despois abandonouno. Gaddafi iniciou unha guerra irredentista co Chad pola franxa de Aouzou. Gadafi foi derrocado en 2011, o que provocou un cambio de símbolos estatais, incluíndo a readoptación da bandeira de Libia anterior a Gadafi.
Notas
Véxase tamén Bibliografía