O oso tibetano (Ursus thibetanus), tamén chamado oso do Himalaia e oso negro asiático, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, subfamilia dos ursinos, unha das catro actualmente viventes incluídas no xénero Ursus.Ursus thibetanus G. Cuvier, 1823 en: Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1823 polo naturalista francés Georges Cuvier, no seu traballo publicado en Rech. Oss. Foss., Nouv. ed., 4: 325.
Sinónimos Selenarctos thibetanus Ursus torquatus
Subespecies Recoñecense sete subespecies, coa área de distribución que se indica:Garshelis, D. L. (2009): "Family Ursidae (Bears)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds. Handbook of the Mammals of the World. Volume I Carnivores. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-349-1. Ursus thibetanus formosanus, Taiwán Ursus thibetanus gedrosianus, sueste de Irán e centro e sur de Paquistán Ursus thibetanus japonicus, Xapón Ursus thibetanus laniger, cordilleira do Himalaia, desde Afganistán até o norte da India Ursus thibetanus mupinensis, centro e sur da China Ursus thibetanus thibetanus, India, Bután, Bangladés, Birmania, Tailandia, Laos, Camboxa e Vietnam Ursus thibetanus ussuricus, extremo oriental de Rusia, nordeste da China e a península de Corea
Características É un oso que habita nos bosques de Asia (desde Irán até o Xapón), preferentemente en zonas montañosas.
Está estreitamente emparentado co oso negro americano (Ursus americanus) e, en menor medida, co oso pardo (Ursus arctos) e co oso polar (Ursus maritimus).
Mide entre 1,30 e 1,90 m de lonxitude, cun peso de 100 a 200 kg no caso dos machos e uns 90 kg no das femias, polo que se pode considerar un oso de tamaño medio.
Caracterízase polo seu manto de pelos negros en todo o corpo, máis longog no colo, e unicamente interrompido no fociño e unha banda en forma de "V" no peito, de cor leonada.
A súa esperanza de vida en liberdade é duns 25 anos.
Distribución A área de distribución desta especie abarca os bosques do oeste de Afganistán e Paquistán, do norte da India, o Nepal, Bután, Birmania e o noroeste da China. Está presente tamén nalgunhas zonas do Xapón, e é o único oso que se pode encontrar en liberdade en Taiwán.
Alimentación Trátase dunha especie omnívora que se alimenta practicamente de todo. A súa dieta inclúe froitas, bagas, noces, raíces, pequenos invertebrados, mel, peixes, aves e mamíferos de tamaño pequeno e medio, así como preas.
Relación cos humanos En zonas demasiado perturbadas pola acción do home, estes osos poden volverse agresivos e atacar os humanos, como no Xapón e o nordeste da China, onde estes ataques aumentaron ultimamnte. Por esta razón non gozan de especial simpatía nos países onde viven, e adoitan ser matados polo hombre, que os considera un inimigo potencial.
Estado de conservación A relación co humanos, unida á deforestación das rexións onde habita e a que a medicina tradicional chinesa demanda certas partes do seu corpo, extinguírono en moitas rexións. Porén, a especie nom se considera que estea actualmente en perigro de extinción, aínda que si se clasifica como vulneráble na lista da IUCN.Garshelis, D. & Steinmetz, R. (2020): Ursus thibetanus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 23 de novembro de 2021.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Ligazóns externas Información sobre o oso tibetano en osos10.com .
Categoría:Fauna de Asia Categoría:Animais descritos en 1823