miniatura|210px|A última cea, 1592-1594, Unha das súas últimas obras, cumio do manierismo do autor e á vez naturalistas e fantasmagóricas Tintoretto, de nome verdadeiro Jacopo Comin, nado en Venecia o 29 de setembro de 1518 e finado en Venecia o 31 de maio de 1594), foi un dos grandes pintores da escola veneciana e probablemente o último gran pintor do Renacemento italiano. Na súa mocidade tamén recibiu o alcumo de Jacopo Robusti, pois o seu pai defendeu as portas de Padua fronte ás tropas imperiais dun xeito bastante vigoroso. O seu verdadeiro apelido, 'Comin' foi descuberto recentemente por Miguel Falomir, xefe do departamento de Pintura Italiana do Museo do Prado, Madrid, e fíxose público a raíz da retrospectiva de Tintoretto no Prado (2007).

Pola súa fenomenal enerxía e empeño á hora de pintar foi alcumado Il Furioso, e o seu dramático uso da perspectiva e os especiais efectos de luz fan del un precursor da arte barroca. Os seus traballos máis famosos son unha serie de pinturas sobre a vida de Xesús e a Virxe María na Scuola Grande dei San Rocco de Venecia.

Traxectoria Foi un dos máis grandes pintores da escola veneciana e probablemente o último gran pintor do Renacemento italiano. Pola súa fenomenal enerxía pintando foi alcumado Il Furioso, e o uso dramático da perspectiva espacial e os efectos especiais da luz fixérono precursor da arte barroca co seu característico estilo manierista.

Influído por Parmigianino no terreo formal e por Miguelanxo no espiritual a súa orixinalidade amósase en obras como O Lavatorio (1547), pola súa concepción do espazo baleiro e profundo ou no Miragre do escravo (1548), onde unha conmoción de gran violencia axita a todos os personaxes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía de Tintoretto nas vidas de Giorgio Vasari, edición Giuntina de 1568

Categoría:Pintores de Italia Categoría:Nados en Venecia Categoría:Nados en 1518 Categoría:Finados en 1594 Categoría:Pintores do século XVI Categoría:Pintores do Renacemento