O Batallón Đuro Đaković (cirílico serbio: Батаљон Ђуро Ђаковић) foi unha unidade militar formada principalmente por brigadistas iugoslavos. Estaba adscrita ás Brigadas Internacionais, un corpo de voluntarios estranxeiros que participaron na Guerra Civil Española a prol da Segunda República Española. Debe o seu nome a Đuro Đaković, un dos líderes do Partido Comunista de Iugoslavia, executado en 1929 pola súa oposición ao réxime de Alexandre I., p. 328 O Batallón Deda Blagoev, composto por voluntarios búlgaros, fusionouse co Đuro Đaković durante a organización das Brigadas., p. 31 Dos 1664 brigadistas iugoslavos que chegaron a España, 543 foron integrados inicialmente nos batallóns Đuro Đaković, Dimitrov e Masaryk.

Composición O batallón estaba composto por unha compañía de metralladoras e tres de infantaría, unha delas formada por anarquistas españois.

Estivo integrado en diferentes Brigadas durante a guerra:Vexicat «Brigadas Internacionales. Batallones » Consultado o 24 de febreiro de 2012

Independente (10 de abril de 1937 - 28 de xuño de 1937) CL Brigada Internacional (28 de abril de 1937 - 4 de agosto de 1937) 45.ª División Internacional (4 de agosto de 1937 - 19 de outubro de 1937) Agrupación de Reserva da 45.ª DI (19 de outubro de 1937 - 13 de febreiro de 1938) CXXIX Brigada Internacional (13 de febreiro de 1938 - 5 de outubro de 1938)

Datos xerais Entre os membros do batallón Đaković houbo algúns españois. Un deles foi Luís Álvarez Yuste, o poeta dos guerrilleiros, quen en Brunete chegou a ser comisario suplente do mesmo.

Participou na Defensa de Madrid, nas batallas de Xarama e Brunete, como unidade de infantaría, integrado na XV Brigada Internacional.

Despois foi trasladado, tamén dentro da XV B.I., á fronte de Aragón, onde perdeu a metade dos integrantes durante a Ofensiva de Zaragoza. Tras a reorganización das Brigadas, foi incluído na 129ª Brigada Internacional, en que sufriu graves perdas durante a Ofensiva de Aragón do bando sublevado. A Batalla do Ebro foi a última operación a grande escala en que participou. Retirouse á costa catalá, onde foi desmobilizado en setembro de 1938.

Aínda así, moitos dos integrantes do batallón tiveron que combater na Ofensiva de Cataluña e atravesar a fronteira francesa.

Moitos lograron fuxir dos campos de internamento en Francia e, coa axuda do Partido Comunista de Iugoslavia, retornar á Iugoslavia ocupada polo nazismo. Alí integráronse no Exército Partisano de Liberación, en que lideraron a liberación do país. Catro veteranos da Guerra Civil Española lideraron os catro grupos de exércitos que derrotaron a Alemaña nazi nos Balcáns: os xenerais Peko Dapčević, Koča Popović, Kosta Nađ e Petar Drapšin.Crusells, Magí. Las Brigadas Internacionales en la pantalla. Univ de Castilla La Mancha, 2001. ISBN 978-84-8427-149-9, p. 109

O batallón durante a fronte do Maestrazgo O batallón atoparíase na fronte de Ejulve (Teruel) a mediados de abril, no que o Exército Popular da República chamaría "Defensa estratéxica de Levante" durante a Ofensiva do Levante. Concentraría a súa forza na cabeza da estrada Ejulve-Fortanete. Alí cavou varios pozos en estradas para enganchar explosivos ao paso dos camións de tropas do exército de Varela e voluntarios do CTV.

O 24 de abril abandonarían o sector para concentrarse nas fábricas de Villarluengo, onde só resistirían catro días ante unha imparábel ofensiva franquista. Foron presionados até Fortanete con toda a CXXIX Brigada Internacional até o 12 de maio de 1938 cando o batallón abandonou as súas posicións en Vértice Carrascón, Mas de Mallén e ao sur de Fortanete. Repregáronse até Los Monegros, lugar de reestruturación da brigada ao completo.

A Brigada quedou emprazada en Mosqueruela. O batallón Đuro Đaković (2º BON) ocuparía as posicións desde Vértice Bramadoras até o camiño de El Escolano, ao noroeste de Mosqueruela. Porén, a oposición e a caída do flanco dereito, protexido pola 220 Brigada Mixta, foi caendo até que a brigada tivo que ser novamente substituída no vértice Monegro. Alí soportou gran forza de artillaría, mais fixo aguantar a posición 5 días.

Tras o desgaste e a retirada selectiva que se lle ordenou á brigada, o batallón foi emprazado o 30 de maio en Linares de Mora, onde ocuparía a cota 1635 e 1602 no vértice El Cerezal, ao noroeste de Linares de Mora. Porén, a presión inimiga fixo que o flanco designado á 118 Brigada Mixta cedese. Toda a brigada tivo que cruzar o río Paulejas, co que o batallón Đuro Đaković quedou como punta de lanza na cota 1567 e 1501 en Mas de Quemado.

O día seguinte, o inimigo, consciente da debilidade da 118 Brigada Mixta, empurrou o seu flanco e practicamente illou o batallón Đuro Đaković nunha pequena bolsa que o 3º Batallón Masaryk puido resistir. A brigada, cansa, e o batallón foron reforzados en El Batán, no km 20 da estrada de Rubielos de Mora a Nogueruelas.

Integrantes de renome Peko Dapčević Aleksa Demnievski Fadil Jahić Španac Otmar Kreačić Kosta Nađ Blagoje Nešković Franjo Ogulinac Seljo Marko Orešković Blagoje Parović Ivan Rukavina Nikola Car Crni

Notas

Categoría:Reino de Iugoslavia Categoría:Brigadas Internacionais