Daniel Tarone, nado o 26 de outubro de 1975 en Basilea, é un exfutbolista suízo, de orixes galega e italiana.

Traxectoria Naceu en Suíza, sendo fillo dun italiano e dunha galega do Saviñao.

Comezou a súa carreira en 1993 no FC Zurich, onde militou durante seis anos. En 1996 chegou a Santiago de Compostela para poñerse a proba durante un par de semanas co Compostela, da Primeira División. Con todo, acabou regresando a Zürich.

Despois pasou polo FC Aarau, o AC Bellinzona e de novo o Aarau, antes de regresar en 2002 ao FC Zurich. Xogou en Zúric outros tres anos antes de fichar polo FC Schaffhausen. Cando este descendeu á segunda división dous anos despois, regresou ao FC Aarau. Nos seus últimos anos de carreira xogou no FC Baden e no FC Wohlen, onde colgou as botas en 2011.

Trala súa retirada dedicouse a labores técnicas e foi asistente dos adestradores Jeff Saibene e Josef Zinnbauer no FC St. Gallen.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos do xogador en weltfussball.de .

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Basilea Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Suízos de ascendencia italiana Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Zürich Categoría:Xogadores do FC Aarau Categoría:Xogadores do AC Bellinzona Categoría:Xogadores do FC Schaffhausen Categoría:Xogadores do FC Baden Categoría:Xogadores do FC Wohlen