Queensrÿche é unha banda estadounidense de heavy metal formada no ano 1980 en Bellevue, Washington a partir do conxunto local The Mob. Nos seus máis de 40 anos de carreira o grupo publicou 15 álbums de estudio, un EP, e varios DVDs, e continúa xirando e gravando. A formación orixinal estaba composta polos guitarristas Michael Wilton e Chris DeGarmo, o batería Scott Rockenfield, o baixista Eddie Jackson, e o vocalista Geoff Tate.

Queensrÿche vendeu máis de 20 millóns de álbums en todo o mundo, 6 deles nos Estados Unidos. A banda está considerada uha das líderes da escena do metal progresivo de mediados e finais dos anos 80, e adoita a considerarse unha das "tres grandes" do xénero, xunto con Dream Theater e Fates Warning. A banda foi aclamada en todo o mundo tras o lanzamento do seu álbum de 1988 Operation: Mindcrime, que adoita a ser considerado un dos mellores álbums conceptuais do heavy metal. O seu seguinte traballo, Empire (1990), tamén tivo moito éxito e incluía o famoso sinxelo "Silent Lucidity". A banda foi nomeada a tres premios Grammy por cancións destes dous discos.

En 1998 o guitarrista e principal compositor Chris DeGarmo deixou a banda por motivos persoais, regresando brevemente en 2003 para compoñer e gravar o álbum Tribe. En distintos momentos DeGarmo foi substituído polos músicos Kelly Gray, Mike Stone, e Parker Lundgren. Tras un altercado moi soado nos camerinos antes dun concerto en São Paulo en abril de 2012, Tate foi despedido e substituído polo entón cantante de Crimson Glory Todd La Torre. Como resposta ao seu depido, Tate e a súa muller Susan (que foi a representante da banda de 2005 a 2012) presentaron unha demanda nun tribunal de Washington, alegando que fora despedido inxustamente. O fallo das medidas cautelares ditou que as dúas partes podían usar o nome Queensrÿche ata que un fallo xudicial ou un acordo decidiran quen usaría o nome. O 17 de abril de 2014 chegouse ao acordo polo cal os membros fundadores Wilton, Rockenfield e Jackson quedaban cos dereitos do nome da banda, continuando as actuacións coa formación que incluía ademais ao vocalista La Torre e ao guitarrista Lundgren.

Durante o tempo que as dúas partes puideron usar o nome Queensrÿche, Tate creou a súa propia formación co antigo guitarrista Kelly Gray e músicos de bandas como Blue Öyster Cult, Ozzy Osbourne, Whitesnake, Dio, AC/DC e Quiet Riot. Esta versión de Queensrÿche con Geoff Tate publicou o álbum Frequency Unknown o 23 de abril de 2013, mentres que Queensrÿche (con La Torre substituíndo a Tate) publicou o seu álbum epónimo o 24 de xuño dese mesmo ano. As dúas banda estiveron de xira en 2013 e 2014.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloThe Warning1984EMIRage for Order1986EMIOperation: Mindcrime1988EMIEmpire1990EMIPromised Land1994EMIHear in the Now Frontier1997EMIQ2K1999Atlantic RecordsTribe2003Sanctuary RecordsOperation: Mindcrime II2006Rhino EntertainmentTake Cover2007Rhino EntertainmentAmerican Soldier2009Rhino EntertainmentDedicated to Chaos2011Roadrunner RecordsQueensrÿche2013Century Media RecordsCondition Hüman2015Century Media RecordsThe Verdict2019Century Media RecordsDigital Noise Alliance2022Century Media Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Washington Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1980