Green Jellÿ é unha banda estadounidense de comedy rock formada no ano 1981. Orixinalmente chamada Green Jellö, a banda cambiou o nome debido a presións legais por parte de Kraft Foods Inc., dona da marca Jell-O, que afirmaba que infrinxía a súa marca comercial. A pesar da diferenza na escrita, os vello e o novo pronuncianse do mesmo xeito.

Coñecida polo seu humor pueril, as súas actuacións teatrais, e unha musicalidade intencionadamente crua, Green Jellÿ tivo centos de membros durante a súa existencia, co vocalista Bill Manspeaker sendo o único membro constante. Entre todos os músicos que pasaron pola banda destacan os futuros músicos de Tool Danny Carey e Maynard James Keenan, que estiveron en Green Jellÿ a principios dos anos 90.

Ata a data a banda leva publicados cinco álbums de estudio: Triple Live Möther Gööse at Budokan (1989), Cereal Killer Soundtrack (1993), 333 (1994), Musick to Insult Your Intelligence By (2009), e Garbage Band Kids (2021). O grupo é famoso sobre todo polo seu éxito de 1992 "Three Little Pigs".

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloTriple Live Möther Gööse at Budokan1989February 29th RecordsCereal Killer Soundtrack1993Zoo Entertainment3331994Zoo EntertainmentMusick to Insult Your Intelligence By2009Rotten RecordsGarbage Band Kids2021Cleopatra Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de comedy rock Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1981