Renan Zanelli Consilieri, nado en São Paulo o 18 de maio de 1992, é un futbolista brasileiro que xoga como dianteiro no Talavera, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse na canteira do Pão de Açúcar de São Paulo, club que logo pasou a chamarse Audax, e debutou co primeiro equipo en 2011. En 2013 chegou ao fútbol europeo, asinando co Willem II neerlandés, co que conseguiu o ascenso á Eredivisie na súa primeira tempada. Na seguinte tempada debutou na máxima categoría do fútbol neerlandés, nun partido contra o Go Ahead Eagles no estadio De Adelaarshorst de Deventer. Foi o seu único encontro na Eredivisie, saíndo cedido pouco despois ao FC Oss, da segunda división. A continuación regresou ao Audax, co que foi subcampión do Campionato Paulista de 2016, despois de perder a final contra o Santos.
En setembro de 2016 chegou ao fútbol galego, fichando polo Silva coruñés. No equipo de Javier Bardanca coincidiu cos tamén brasileiros Guilherme, Andrade, João Paulo e Rafa Borges. Habitual na dianteira titular, xogou 30 encontros da Terceira División e foi con 9 goles o segundo máximo goleador do equipo, só por detrás dos 13 de Movilla.
No verán de 2017 cambiou A Coruña por Ourense, fichando polo Ourense CF.Renan Zanelli, fichaje de nivel para el club pontino‚ laregion.es, 12 July 2017 Xogou tres tempadas no equipo dirixido por Fran Justo, todas elas na Terceira División, sumando 79 encontros e 20 goles. Para a tempada 2020/21 seguiu os pasos do seu adestrador e fichou xunto con el polo Arenteiro. Co equipo do Carballiño marcou 8 goles en 26 encontros da Terceira División, incluído o gol da vitoria na última xornada contra o Bergantiños en Espiñedo, co que o Arenteiro se proclamou campión da categoría.
O 1 de decembro de 2021 marcou un dos dous goles do seu equipo no partido da Copa do Rei no que o Arenteiro eliminou a SD Logroñés, da Primeira RFEF. Zanelli foi titular no histórico encontro da seguinte rolda contra o Valencia no Espiñedo, que precisou dunha prórroga para se decantar finalmente para o equipo valencianista.
En xullo de 2022 anunciouse a súa saída do Arenteiro para o CF Talavera, club que viña de descender dende a Primeira División RFEF, pero que acabou por conservar a praza trala expulsión do DUX Internacional.
Palmarés Willem II
Segunda división dos Países Baixos (1): 2013/14. Arenteiro
Terceira división de España (1): 2020/21.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en Transfermarkt .
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Willem II Tilburg Categoría:Xogadores do Silva SD Categoría:Xogadores do Ourense CF Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do CF Talavera de la Reina