«Jarama Valley» (O val do Jarama) é unha canción da Guerra civil española. Ten a base na melodía de «Red River Valley» (O val do Río Vermello), canción folclórica dos EUA.
Trata sobre a batalla do Xarama, que se librou do 6 ao 27 de febreiro de 1937 preto do río Xarama, a poucos quilómetros ao leste de Madrid. As tropas do xeneral Francisco Franco, o exército colonial da África española experimentado e ben instruído, asaltaron as posicións dos voluntarios das Brigadas Internacionais, inexpertos e insuficientemente equipados, en particular o Batallón Británico e o Batallón Dimitrov.
A batalla, na práctica, rematou en empate, mais foi unha das máis cruentas da guerra. As baixas do bando sublevado foron entre 6 000 e 7 000, e entre 9 000 e 10 000 no bando republicano. O batallón británico perdeu 225 dos seus 600 membros, e o Batallón Lincoln perdeu 125 de 500.Beevor (2006), pp 211 & 214.
Versión orixinal A versión máis antiga que se coñece foi escrita por Alex McDade, do Batallón Británico, integrado na XV Brigada Internacional. Foi publicada en 1938 en The Book of the XV International Brigade polo Comisariado de Guerra.Ryan (1975), p. 97.
É unha típica canción militar sobre as penalidades dos soldados. McDade era un obreiro de Glasgow que alcanzou o posto de comisario político na XV Brigada, responsábel do benestar das tropas. Ferido no Xarama, caeu na batalla de Brunete o 6 de xullo de 1937.
A versión orixinal de McDade foi modificada posteriormente e publicada o 8 de xaneiro de 1939 en Londres para unha reunión conmemorativa de veteranos do batallón.
Versión orixinal There’s a valley in Spain called Jarama, That's a place that we all know so well, for 'tis there that we wasted our manhood, And most of our old age as well.
From this valley they tell us we're leaving But don't hasten to bid us adieu For e'en though we make our departure We'll be back in an hour or two
Oh, we're proud of our British Battalion,Substituído por Lincoln Battalion ou Dimitrov Battalion en diferentes versións And the marathon record it's made, Please do us this one little favour And take this last word to Brigade:
"You will never be happy with strangers, They would not understand you as we, So remember the Jarama Valley And the old men who wait patiently".Versión de 1939 There’s a Valley in Spain called Jarama, It’s a place that we all know so well, It is there that we gave of our manhood, And so many of our brave comrades fell.
We are proud of the British Battalion, And the stand for Madrid that they made, For they fought like true sons of the soil. As part of the Fifteenth Brigade.
With the rest of the international column, In the stand for the freedom of Spain We swore in the valley of Jarama That fascism never will reign.
Now we’ve left that dark valley of sorrow And its memories of regret, So before we continue this reunion Let us stand to our glorious dead.
Versión curta Tamén se realizou unha versión máis curta, en tres estrofas, adaptada para a Brigada Lincoln. Foi adoptada como himno por estes veteranos, e gravada polos cantantes Woody Guthrie e Pete Seeger.
Jarama Valley There's a valley in Spain called Jarama It's a place that we all know so well It was there that we gave of our manhood And so many of our brave comrades fell.
We are proud of the Lincoln Battalion And the fight for Madrid that it made There we fought like true sons of the people As part of the Fifteenth Brigade.
Now we're far from that valley of sorrow But its memory we ne'er will forget So before we conclude this reunion Let us stand to our glorious dead.O Val do Xarama Hai un val en España chamado Xaramaé un lugar que nós coñecemos ben. Foi alí onde demos a nosa virilidadee onde caeron os nosos valentes camaradas.
Estamos orgullosos do Batallón Lincolne da loita que fixo por Madrid. Alí loitamos como verdadeiros fillos do pobocomo parte da Brigada Quince.
Agora estamos lonxe daquel val de dormais a súa memoria nunca a esqueceremos; Así que antes de concluirmos esta reuniónpoñámonos en pé polos nosos gloriosos mortos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Valley of Jarama por Pete Seeger Valley of Jarama por Woody Guthrie Valley of Jarama por Pete Seeger e Arlo Guthrie El Valle del Jarama, por Suburbano
Categoría:Cancións da guerra civil española