Kārlis Vilhelms Augusts Ulmanis, nado o 4 de setembro de 1877​ en Bērze, Letonia, e finado o 20 de setembro de 1942​ en Krasnovodsk, Turkmenistán,Rihards Treijs (2000): Prezidenti: Latvijas valsts un ministru prezidenti (1918-1940). Riga: Latvijas Vēstnesis. ISBN 978-99-8473-147-6. foi dos máis importantes políticos letóns de antes da segunda guerra mundial, durante o período de independencia de Letonia de novembro de 1918 a xuño de 1940.

Ocupou catro veces o posto de primeiro ministro, a última vez como xefe dun réxime autoritario. Tamén acupou o cargo de presidente da República de Letonia.

O legado da súa ditadura segue dividindo hoxe a opinión pública de Letonia.

Traxectoria Ulmanis estudou Agronomía na ETH de Zúric (Suíza) e na Universidade de Leipzig (Alemaña).

Tras a revolución de 1905 exiliouse nos Estados Unidos. Durante o período de exilio estudou na Universidade de Nebraska–Lincoln usando o nome de Karl August Ulmann, obtendo o título de licenciado en Agricultura.

Despois de traballar brevemente nesa universidade como profesor, Ulmanis trasladouse a Houston, Texas. O negocio de produtos lácteos que comprara alí tivo dificultades financeiras.

En 1913 foi amnistiado e regresou a Letonia, onde fundou, en 1917, un partido político de centro dereita, a Unión Letoa de Agricultores.

Cando Letonia se declarou independente do Imperio ruso en 1918 foi nomeado primeiro ministro, ocupando este cargo en catro ocasións: 1918-20, 1925-26, 1931-32 e 1934-40.

Asumiu por cuarta vez o cargo de primeiro ministro o 17 de marzo de 1934. Na noite do 15 ao 16 de maio de 1934, Ulmanis, co apoio do ministro da Guerra Jānis Balodis, proclamou un estado de guerra e disolveu todos os partidos políticos e o Saeima (parlamento). As liberdades políticas foron suspendidas.Rogainis, Janis (1971): The emergence of an authoritarian regime in Latvia, 1932-1934 . Lituanus 17 (3).

O golpe de estado levoues a cabo polo exército e as unidades de paramilitares Aizsargi. Desde que o presidente Alberts Kviesis deixou o cargo o 11 de abril de 1936, Ulmanis exerceu simultaneamente os cargos de presidente e primeiro ministro. Foi oficialmente coñecido como Valsts un Ministru Prezidents (Ministro e Presidente Estatal), pero frecuentemente en publicacións se lle chamaba Tautas Vadonis (Líder da Nación) ou, simplemente. Vadonis (Líder).Stranga, Alvars (2012): "The Political System of Karlis Ulmanis' Authoritarian Regime (15-05-1934 – 17-06-1940)". Studia Universitatis Cibiniensis Series Historica IX: 51-56. Sibiu: Editura Universitatii Lucian Blaga.

Dimitiu en 1940 ante o ultimato soviético, e foi arrestado e deportado.

Faleceu de disentería o 20 de setembro de 1942​ na prisión de Krasnovodsk, no actual Turkmenistán.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos República de Letonia (1918-1940)

Ligazóns externas Biografía . Documents obtained and donated by Paul Berkay and transcribed by Sherri Goldberg and Margaret Kannensohn . Kārlis Ulmanis, Latvian, and Baltic History Collection na University of Nebraska-Lincoln . Biografía por Edgars Dunsdorfs .

Categoría:Nados en Letonia Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Finados en campos de traballo do Gulag