L'Assiette Au Beurre (O prato de manteiga) foi unha revista satírica ilustrada francesa, de tirada semanal, publicada entre 1901 e 1912. Esa época foi chamada en Francia a "Idade de Ouro da caricatura".

Historia Fundada por Samuel Schwarz, o seu primeiro número apareceu o 4 de abril de 1901. Politicamente manifestábase en contra dos inimigos da Terceira República e incluía con frecuencia contido anticlerical.

Nela colaboraron artistas como Adolphe Willette, Jean-Louis Forain, Caran d'Ache, Albert Robida, Fernand Louis Gottlob, Abel Faivre, Henry Gerbault, Francisque Poulbot, Félix Vallotton, Juan Gris, František Kupka, Jacques Villon, Louis Marcoussis, Kees van Dongen, Javier Gosé ou o portugués Tomás Leal da Câmara, entre outros.

Próxima á sensibilidade anarquista nos seus inicios, L'Assiette au beurre non foi unha revista militante, aínda que, entre 1905 e 1911, estivo claramente implicada politicamente, especialmente contra o colonialismo. Despois de ter publicados preto de 10 000 debuxos realizados por uns 200 debuxantes, é un valioso testemuño iconográfico da Belle Époque.

Influencia en Galiza Para Siro López, a revista sería, xunto a Simplicissimus, unha das maiores influencias para Castelao, en particular Jean-Louis Forain. Segundo Siro mesmo se inspiraría en varias viñetas de L'Assiette Au Beurre para a campaña do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Belle Époque Humor gráfico Simplicissimus Ligazóns externas Números digitalizados de L'Assiette au Beurre en Gallica

Categoría:Revistas desaparecidas Categoría:Revistas de Francia Categoría:Prensa anticlerical Categoría:Revistas humorísticas