Oschersleben é unha cidade alemá do Landkreis (Distrito rural) de Börde, no Land de Saxonia-Anhalt.
Xeografía O municipio, situado a 85 msnm, a 35 km ao suroeste de Magdeburgo, na fértil chaira do Magdeburger Börde, regada polo río Bode, ocupa unha superficie de 165,53 km<small>2</small>.
No censo de 2020 tiña unha poboación de 19 396 habitantes,"Bevölkerung der Gemeinden – Stand: 31. Dezember 2020" (PDF) . Statistisches Landesamt Sachsen-Anhalt. Consultado o 3 de marzo de 2022. polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 100 hab./km<small>2</small>.
Oschersleben é a estación ferroviaria máis importante da liña Magdeburgo-Halberstadt-Thale.
A cidade é coñecida pola presenza do circuíto de velocidade Motorsport Arena Oschersleben, construído no solar dunha antiga fábrica aeronáutica, no que cada ano se celebran competicións nacionais e internacionais, como a Fórmula 2, o DTM, a FIA GT, o Campionato do Mundo de Turismos e o Campionato do Mundo de Superbike.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Motorsport Arena Oschersleben
Ligazóns externas Páxina web oficial .
Categoría:Cidades de Saxonia-Anhalt