José Comesaña Pérez, nado en Vigo cara a 1910 e finado en Vincios (Gondomar) o 6 de outubro de 1936, foi un albanel e político galego.

Traxectoria Fillo de José Benito Comesaña e Adelina Pérez. Veciño do barrio da Garita de Alcabre, era membro da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Alcabre, que en novembro de 1934 se constituíu como sindicato agrario, sendo elixido José Comesaña como secretario.El Tea, 24-11-1934, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto con outros membros da directiva da sociedade, o seu irmán Antonino Comesaña Pérez, o seu primo Emilio Comesaña Sobreira, e Fernando Costas Iglesias, foron ao cuartel da Garda Civil de Bouzas a pedir armas para opoñerse ao golpe, e non llas entregaron. O 30 de setembro foron detidos. Foron encerrados no frontón da rúa María Berdiales, de onde os sacou Francisco González Rodríguez o 6 de outubro para asasinalos. O seu cadáver apareceu na Pasaxe de Vincios xunto co do seu irmán Antonio e o de Emilio Giráldez Rodríguez.

Vida persoal

Casou con Eusebia Pampillón Oitabén e foi pai de Telmo e Margarita Comesaña Pampillón.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A Volta da Matanza La lucha contra el olvido de los mártires de Alcabre

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936