A dos nebalíidos (Nebaliidae) é unha familia de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos filocáridos, orde dos leptostráceos e suborde dos nebaliáceos.Nebaliidae Samouelle, 1819 no WoRMS. Consultado o 7 de marzo de 2022.Nebaliidae no GBIF. Consultado o 7 de marzo de 2022.
Esta familia é a máis grande das tres que compoñen a suborde dos nebaliáceos, xa que contén 33 das 40 especies descritas. As súas especies pódense distinguir das das outras dúas familias pola forma estreita da furca cauda (que é máis ampla nos nebaliopsidídos) e polos calinóforos,Lowry, J. K. (1986): "The callynophore, a eucaridan/peracaridan sensory organ prevalent among the Amphipoda (Crustacea)". Zoologica Scripta 154: 333-349. órganos sesoriais das antenas dos machos adultos, que están inchados nos paranebalíidos pero non nos nebalíidos.Genefor K. Walker-Smith & Gary C. B. Poore (2001): "A phylogeny of the Leptostraca (Crustacea) with keys to families and genera". Memoirs of Museum Victoria 58 (2): 383–410.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1819 polo conservador do Museo de Historia Natural de Londres George Samouelle.
Etimoloxía O nome científico da familia esta formado, segundo a norma, pola raíz do nome do seu xénero tipo coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Xéneros A familia comprende os seguintes cinco xéneros: Dahlella Hessler, 1984 Nebalia Leach, 1814 Nebaliella Thiele, 1904Sarsinebalia Dahl, 1985Speonebalia'' Bowman, Yager & Iliffe, 1985
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Malacostráceos Filocáridos Leptostráceos Nebaliáceos
Categoría:Malacostráceos