A Forza Aérea da República Checa (checo: Vzdušné síly) é a forza aérea do Exército da República Checa. Xunto coas Forzas de Terra, a Forza Aérea é a maior forza militar checa. Con tradición de aviación militar que se remonta a 1918, a Forza Aérea checa, xunto coa Forza Aérea de Eslovaquia, sucedeu á Forza Aérea de Checoslovaquia en 1993. O 1 de xullo de 1997 o 3º Corpo de Aviación Táctica e o 4º Corpo de Defensa Aérea do Exército checo fusionáronse para formar un Cuartel Xeral da Forza Aérea independente.

A Forza Aérea é a responsable de asegurar a integridade do espazo aéreo checo a través do Sistema Integrado de Defensa Aérea da OTAN (NIADS), de proporcionar apoio aéreo próximo ás Forzas de Terra, e de realizar tarefas de transporte, incluídas as do goberno e voos de estado prioritarios. En tempos de paz a Forza Aérea contribúe en tarefas que se orixinan nas leis checas e en acordos interministeriais, como por exemplo servizos de ambulancia aérea ou SAR.Čadil, Jan (7 de agosto de 2013). "The Czech Air Force". Czech Air Force Yearbook 2013: 6.

Os cazas multirrol JAS-39C/D Gripen checos encárganse principalmente das tarefas relacionadas coa defensa aérea da República Checa e da OTAN dentro do sistema NATINAMDS. No chamado sistema de reforzo nacional os reactores subsónicos L-159 ALCA poderían ser despregados para realizar tamén estas tarefas."Live firing beyond the Arctic Circle". Czech Air Force Yearbook 2012: 32. A vixilancia por radar do espazo aéreo da República Checa é responsabilidade do Rexemento de Control e Vixilancia do 26º Mando Aéreo en Stará Boleslav. En total sete compañías radiotécnicas están repartidas por todo o país para poder cubrir de forma continua todo o seu territorio."Czech anti-aircraft defence radars". Czech Air Force Yearbook 2013: 50.

Historia

Primeiros anos A separación viu unha gran redución en tipos, números e bases. En 1994 creouse o 3º Corpo de Aviación Táctica. O caza máis novo no arsenal da Forza Aérea de Checoslovaquia era o MiG-29 (Izdelie 9.12). Como só había un kit de mantemento xeral, que foi entregado a Eslovaquia, e todo o material dividiuse ao 50%, os custos de mantemento dos Fulcrum checos sería moi alto. Xunto cos elevadísimos custos, os custos especulativos das pezas de reposto importadas dende Rusia, que chegaban a través de terceiras partes, tamén eran moi grandes, e isto levou ao cambio de 10 MiG-29 con Polonia por helicópteros de rescate PZL W-3A Sokół con aviónica e apoio de terra. Así, 10 cazas de superioridade aérea cambiáronse por 11 helicópteros lixeiros e a súa adquisición converteuse nun asunto fortemente discutido a mediados dos 90."W-3A Sokol helicopters in the Czech Air Force service". Czech Air Force Yearbook 2012: 43. Toda a carga de traballo pasou a mans dos MiG-23.

A Forza Aérea da nova época do Exército checo formouse efectivamente o 1 de xullo de 1997 cando 3º Corpo de Aviación Táctica e o 4º Corpo de Defensa Aérea uníronse. Os membros de ámbalas dúas unidades participaran en accións da OTAN dende o ingreso da República Checa na Alianza o 12 de marzo de 1999. A Forza Aérea comezou a revisar e actualizar as súas doutrinas e aeronaves, e considerou mercar un caza occidental. Os MiG-23MF retiráronse en 1994, os ML en 1998 e os MiG-21 establecéronse como un modelo provisional para o que sería un período de transición antes de mercar un caza novo, que sería o avión multirrol sueco Saab JAS 39 Gripen. Debido ás devastadoras inundacións que afectaron ao país en 2002 o acordo foi adiado.

Anos 2000 Unha nova licitación internacional foi publicada como unha solución provisional. O Gripen gañou novamente esta licitación, á que se presentaran seis competidores, cando a República Checa aceptou un arrendamento por 10 anos entre o goberno checo e o sueco que non implicaba a BAE Systems. As denuncias dos medios de subornos por parte de BAE Systems aos encargados de tomar a decisión durante a venda non levou a ningún lado nas investigacións xudiciais.

En decembro de 2008 a Forza Aérea checa quería adestrar pilotos de helicóptero en condicións desérticas para as súas próximas misións en Afganistán. Israel foi o único país que estaba listo para axudar, e viu isto como unha oportunidade para agradecer á República Checa por adestrar pilotos israelís e apoiar a Israel cando este converteuse nun estado.

A independencia da Forza Aérea checa rematou o 1 de decembro de 2003 cando a forza converteuse en parte das novas Forzas Conxuntas do Exército Checo co posto de mando situado en Olomouc. Dentro da nova estrutura o comandante en xefe da Forza Aérea foi nomeado comandante en xefe adxunto das Forzas Conxuntas.

Anos 2010 A Forza Aérea operou con esta estrutura ata o 30 de xuño de 2013. No marco da reorganización do Exército, o 1 de xullo de 2013 estableceuse o independente Alto Mando da Forza Aérea da República Checa (Velitelství vzdušných sil), co cuartel xeral en Praga co novo comandante en xefe sendo o xeneral de brigada Libor Štefánik.Čadil, Jan (6 August 2014). "The Czech Air Force". Czech Air Force Yearbook 2014. Os antigos cuarteis xerais do Mando das Forzas Conxuntas e do Mando de Forzas de Apoio disolvéronse o 30 de xuño de 2013.

Co contrato do Gripen a piques de expirar en 2015, comezou a especularse sobre se este sería renovado ou se a forza aérea elixiría outro modelo de avión. O goberno checo agardaba organizar unha licitación para proporcionar 18 cazas supersónicos tras 2015. O JAS-39 Gripen foi aceptado como a opción máis efectiva coa infraestutura que xa se tiña, a disposición de persoal adestrado e a boa experiencia operacional previa. Porén, os antecedentes do contrato existente, especificamente o tema amplamente discutido da suposta corrupción, impediron que os políticos se conformasen con esta rápida solución, favorecendo no seu lugar unha licitación xeral con máis ofertas que poderían ser os F-16, F/A-18, F-15SE ou F-35A.

Tamén se discutiu como opción a creación dunha forza aérea non supersónica, debido aos altos custos e ao inútil que pode ser ter avións supersónicos nun país rodeado por aliados (todos son membros da Unión Europea e da OTAN, agás Austria). Neste escenario o subsónico L-159 converteríase na espiña dorsal da forza aérea. O último Libro Branco de 2011 di claramente que a frota supersónica debe continuar para a protección da República Checa e para tarefas de cooperación dentro do Sistema Integrado de Defensa Aérea da OTAN. Doce avións monopraza e dous bipraza vense como suficientes para patrullar a República Checa, mentres que 18 poden apoiar co rol de vixilancianoutros países da OTAN. Unha solicitude de información preliminar pedía 18 avións.

O 16 de maio de 2014 o director xeral da axencia de defensa e exportación FXM e viceministro de defensa para adquisicións de defensa checo asinaron o "anexo da prórroga do contrato de arrendamento dos JAS-39", asegurando tamén a actualización e incremento de capacidades continua deses aparellos. O avión supersónico sueco equipará á Forza Aérea checa ata 2027 con opción a dous anos máis.

O minitro de defensa checo Martin Stropnický revelou plans para substituír o equipamento militar de deseño soviético con novas armas e para mercar helicópteros e radares para a Forza Aérea, agardando lanzar as licitación no ano 2015. En xuño de 2019 o Ministerio de Defensa presentou un contrato ao goberno para a compra de dous avións de transporte C-295 para substituír os seus Yakovlev Yak-40. O 22 de agosto de 2019 o Primeiro Ministro Andrej Babiš anunciou que a Forza Aérea seleccionara unha oferta de Bell Helicopter por oito helicópteros UH-1Y Venom e catro AH-1Z Viper. O contrato da súa compra asinouse o 13 de decembro de 2019.

Aeronaves dereita|miniatura|JAS-39C Gripen dereita|miniatura|W-3A Sokol AeronaveOrixeTipoVarianteEn servizoNotasCombateJAS 39 GripenSueciamultirrolJAS 39C12alugados á Forza Aérea de SueciaAero L-159República Checaataque lixeiroL-159A16TransporteLet L-410República ChecautilitarioL-410UVP42 usados para vixilanciaAirbus A319FranciaVIPA319CJ2CASA C-295EspañatransporteC-295M6Challenger 600CanadáVIPCL-6011HelicópterosMil Mi-8Unión SoviéticautilitarioMi-8/17/17119Mil Mi-24Unión SoviéticaataqueMi-24/3515PZL W-3PoloniautilitarioW-3A10Bell AH-1ZEstados Unidosataque4 pedidosBell UH-1YEstados Unidosutilitario8 pedidosAdestradoresAero L-159República Checaadestrador a reacciónL-159T18JAS 39 GripenSueciaadestrador de conversiónJAS 39D2alugados á Forza Aérea de Suecia

Notas

República Checa Categoría:República Checa