Hamílcar Barca, (en ; Ḥamilqart Barqā) nado en c. -275 e finado en -228, foi un xeneral cartaxinés e pai de Haníbal.

Traxectoria Hamílcar foi comandante naval na primeira guerra púnica atacando a costa de Bruttio. En Sicilia estivo resistindo nun posto avanzado cerca de Palermo, mentres que os romanos intentaron expulsalo.

Dirixiu as incursións na costa suroccidental de Italia, conquistou o monte Erice, e abandonou o seu mando ó final da guerra despois de negociar un tratado de paz, e producíronse revoltas nas tropas mercenarias do exército cartaxinés, na que despois Hamílcar foi destinado para acabar con elas, pero a loita custou moitas vidas.

Ó final Hamílcar colaborou con Hanón para conquistar Útica. Máis tarde foi enviado a Hispania acompañado dos seus tres fillos.

Hamílcar casou unha das súas fillas con Asdrúbal, instalou a súa base en Cádiz e estendeuse polo sur de Hispania, fundando a cidade de Alacant.

Hamílcar afogou mentres marchaba de Hélike.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Atlas histórico de la roma Clásica. Odile Wattel . Edicións archivos acento, 2000.

Categoría:Militares cartaxineses Categoría:Finados en -228 Categoría:Mortos en combate