Teucro (en grego: Τεύκρος) foi un heroe grego fillo de Telamón e de Hesíone (filla de Laomedonte e concubina de Telamón). Era á súa vez sobriño do rei Príamo de TroiaPríamo e Hesíone, fillos de Laomedonte e, polo tanto, irmáns entre si., e por tanto curmán de Heitor e Paris, contra os que loitou na guerra de Troia.
Na relación de naves que cada monarca aqueo achegou ó frota armada por Agamenón, Teucro capitaneaba doce naves de cincuenta guerreiros, o mesmo número que o seu medio irmán Áiax, segundo HixinoHixino 97.3., pero no catálogo que ofrece Homero só consta este segundo, con 12 naves, e ningunha por parte de TeucroIlíada II, 496-759..
Tivo fama de ser un hábil arqueiro durante esa guerraO mellor arqueiro do exército grego, pois foi o propio Apolo quen lle regalou o arco., sempre ó lado de Áiax e protexido polo enorme escudo deste. Cada vez que Áiax ladeaba o seu escudo, Teucro asomaba, apuntaba a alguén e disparaba, caendo morto un guerreiro troiano. Inmediatamente, Teucro volvía a protexerse tras o escudo "como un meniño no colo da súa nai, a buscar refuxio en Áiax, quen o agochaba tralo seu brillante escudo"Ilíada VIII, 265..
Agamenón, ó ver o elevado número de baixas que Teucro está provocando entre os troianos, dille o seguinte:
Resultou ferido por Heitor, que lle acertou cunha pedra na clavícula no momento en que Teucro ía disparar contra el, pero Áiax conseguiu evitar que Heitor o matara e ordenou a dous compañeiros que o retiraran cara ás naves aqueas.Ilíada VIII, 323-335. Noutro momento estivo a piques de ser alcanzado pola lanza de Heitor cando estaba entretido sacándolle a armadura a Imbrio, fillo de Mentor, pero puido esquivalaIlíada XIII, 184..
Pero tamén houbo momentos nos que a situación foi a contraria e foi el quen puxo en perigo a vida do heroe troiano coas súas frechas, pero Apolo desviounas a tempo, provocando a morte do seu aurigaIlíada VIII, 311.. Houbo outra ocasión na que puido matar a Heitor, pero Zeus deuse de conta e rompeu a corda do seu arco, demostrando así que apoiaba os intereses dos troianos.
Cando Áiax se suicida polos seus actos vergonzosos cometidos trala morte de AquilesA consecuencia dun ramo de loucura inducido por Atenea., encomendará ó seu irmán Teucro o coidado de Eurísaces, o fillo que Áiax tivo coa concubina Tecmesa. Teucro estaba ausente nese momento, realizando nunha expedición de piratería en Misia, e fora avisado por Zeus da súa morte, e as advertencias dos adiviños Calcante e PodalirioFillo de Asclepio., que lle aconsellaron que encerrara ó seu irmán, pois volvérase tolo.
Teucro regresou a tempo de evitar que os gregos ultraxaran o seu corpo, por suicida, pois querían deixalo abandonado, insepulto, para prea de cans e voitres. Esixiu a Agamenón que se lle fixera un ritual funerario digno, do que era merecente; e por consello de Odiseo, Agamenón terminou aceptando pero enterrándoo, non incinerándoo como era a práctica habitual nos guerreiros caídos con honor en batallaGraves, px. 741-742. Apolodoro engade que "así, este foi o único de entre os mortos en Ilión que xace nun ataúde, cuxa tumba está en Reteo" (Apolodoro, Epítome V, 7)..
Foi un dos guerreiros que penetraron en Troia agochados no interior do cabalo de madeira.
Rematada a guerra e de regreso ó fogar, Telamón reprocháballe non ter vingado a morte de Áiax, ou non evitar a discusión entre este e Odiseo polas armas de Aquiles, causa directa do suicidio do seu fillo. Se ben Teucro alegaba que seu irmán se suicidara e non había en quen vingarse, o pai insistiu tanto que Teucro tivo que se embarcar ao mar en busca dunha nova patria; ou ben Telamón terminou por expulsar a Teucro do reino sen deixarlle, tan sequera, desembarcarTal como fixera co propio Telamón o seu pai Éaco cando o acusara de matar ó seu medio irmán Foco. En ámbolos casos, o pai, Telamón, e agora o fillo, Teucro, tiveron que defenderse desde o barco mentres os xuíces escoitaban na beira, e en ámbolos casos, foron declarados culpables e exiliados (Graves, px. 743).Pausanias VIII, 15.7..
Teucro recalou en Chipre, onde fundou unha colonia co nome de Salamina. Casou coa princesa Eune, filla do rei Cipro ou do rei Ciniras, coa que tivo unha filla, Asteria.
Algúns autores din que terminou morrendo en Chipre, pero a tradición máis común di que, ó morrer o pai, regresou á súa patria (Salamina de Ática), pero foi rexeitado por Eurísaces, fillo de Áiax, o que lle obriga a partir de novo. Desta volta colle rumbo cara á Península Ibérica, onde funda a cidade de Cartaxena, quizais Gades e, máis tarde, de Helenes, a futura Pontevedra, onde morrerá.
Teucro nas artes Aparece como personaxe principal na traxedia Ayax de Sófocles. Tamén forma parte de Helena, de Eurípides.
Teucro en Galicia miniatura|dereita|Estatua de Teucro na praza da Peregrina en Pontevedra.
Xustino (44, 3, 2-4), xa no século III, fala da viaxe de Teucro á Gallaecia tras a guerra de Troia. O relato foi recollido por Isidoro de Sevilla nas súas Etymologiae. Segundo a lenda posterior, Teucro arribou ás costas galegas, fundando unha colonia á que chamou Helenes (nome que viría dos celenes, antigos poboadores da comarca) e que deu lugar á actual Pontevedra.
Esta tese fundacional de Pontevedra por Teucro, sen base ningunha, foi defendida por, entre outros, Martín Sarmiento, Sampedro Folgar, García de la Riega, Filgueira Valverde ou González Zúñiga, segundo o historiador local José Benito García. Zúñiga, baseándose en citas de Plinio e Estrabón, chegaría a concretar o momento da fundación no 1215 a. C.García Iglesias, px. 13.. Tamén chega a dicir que a illa de Tambo debe o seu nome a que, en orixe, se chamaba Telamón.
Unha placa na entrada da Casa do Concello recolle así esta lenda:
Esta inscrición recolle outra datada no século XVI, colocada na Casa del Concejo. Non existe, desde logo, ningún resto nin ningunha referencia documental desta fundación e os historiadores actuais rexéitana de plano. Sánchez Cantón afirmaba que "Fantaseouse que a fundara Teucro, fillo de Telamón, ó regresar da guerra de Troia, chamándoa Helenes""Pontevedra", na colección Obradoiro, dos Bibliófilos gallegos, 2.12.1962. Artigo incluído en Sánchez Cantón: Pontevedra y los pontevedreses. Inéditos y dispersos, Museo de Pontevedra 1973, px. 47-54..
No alto do contraforte do lado da EpístolaLado dereito mirando cara o altar maior. da fachada principal da Basílica de Santa María existe unha estatua de Hércules que se popularmente se interpreta como do propio Teucro, fundador da cidade. José Benito García non cre verosímil esta identificación e defende a tese de que representa a Heracles, arquetipo por excelencia do heroe clásico, que na arte renacentista se relaciona cunha orixe mítica da monarquía española.García Iglesias, px. 313-314.
Asímesmo, na fonte que hai fronte á igrexa da Peregrina colocouse en 1956 outra estatua que popularmente se cre que representa a Teucro. En realidade trátase dunha réplica do relevo que coroa un dos cetros do Gremio de Mareantes de Pontevedra, no que tamén aparece esta imaxe de Heracles co león. Segundo unha inscrición na macolla do cetro, foi encargado e costeado pola Moureira de Pontevedra en 1580Benito García, px. 44..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Esteban Santos, Alicia: "De princesas a esclavas en Troya (Heroínas de la mitología griega III)", en Cuadernos de Filología Clásica nº 17 (2007), 45-75.
Pablos, Francisco: Mitos y leyendas de Galicia, coleccionable de Faro de Vigo 1994. fascículo 20: Teucro, el griego errante, px. 305-320.
Ligazóns externas Olladas de Pontevedra
Categoría:Heroes da mitoloxía grega