Dólar de prata Robert F. Kennedy170x170px170x170pxA/: Busto de fronte de Robert F. Kennedy. Data e marca de gravador (TDR). Lendas: ROBERT F. KENNEDY / IN GOD WE TRUST / LIBERTYR/: Selos do Departamento de Xustiza e do Senado dos EEUU superpostos. Marcas de ceca (S), de deseñador (JP) e de gravador (TDR). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / JUSTICE / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Thomas D. Rogers (anv.), e Jim Peed e T. D. Rogers (rev.). Datas de emisión: 1998 Ceca: US Mint: Ceca de San Francisco (S). Tiraxe: 205.442 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata Robert F. Kennedy é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1998 e cuñada pola Ceca de San Francisco.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-328, do 29 de setembro de 1994,"Public Law 103-328 - SET. 29, 1994". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda na honra de Robert F. Kennedy (1925-1968), en conmemoración do 30 aniversario do seu asasinato nos Ánxeles, California."Robert F. Kennedy Silver Dollar". United States Mint.

Deseño No anverso da moeda, deseñado e gravado por Thomas D. Rogers, represéntase un busto de fronte do personaxe conmemorado, Robert F. Kennedy, que foi Fiscal Xeral dos EEUU e senador por Nova York. A lenda principal correspóndese co seu nome, ROBERT F: KENNEDY, e complétase cos lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses."1 Dollar Robert F. Kennedy". Numista.com

miniatura|236x236px|Fotografía de Robert F. Kennedy en 1968.

Pola súa banda, o reverso, deseñado por Jim Peed e gravado por Thomas D. Rogers, reproduce os selos superpostos do Departamento de Xustiza e do Senado dos Estadous Unidos, as dúas institucións das que formou parte Robert F. Kennedy. Ademais da Palabra JUSTICE ("Xustiza"), as lendas do reverso son alusivas ao nome do país e ao valor facial da moeda.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de San Francisco e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 2 de xaneiro ao 31 de decembro de 1998.

A súa produción foi de 106.422 moedas na súa condición estándar e 99.020 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 205.442 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1998 Robert F. Kennedy Silver Dollar". United States Mint.

Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof. Consonte a lei que autorizou a moeda, o beneficio acadado pola súa venda foi destinado á organización sen ánimo de lucro Robert F. Kennedy Memorial, de Washington.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1998 Robert F. Kennedy Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América