O navío de permiso consistía no permiso concedido pola Coroa española a Inglaterra tras a sinatura do Tratado de Utrecht, que autorizaba aos ingleses a enviaren un barco ao ano cunha capacidade de carga de 500 toneladasBennassar, Jacquard, Lebrun, Denis e Blayau (2005), p. 689 ás colonias españolas americanas para comerciar con elas.Ferro (2000), p. 87

Esta concesión foi utilizada polos británicos para exercer o contrabando reabastecendo o barco con novas mercadorías mar a fóra desde Xamaica e regresando ao porto para intercambiar estas mercadorías. Ademais, con esta concesión recoñeceuse a fin do monopolio comercial español con AméricaMartínez Ruiz (2007), p. 272 e introduciuse a idea do libre comercio.

Posteriormente, no Tratado de Madrid de 1750, Gran Bretaña renunciou á nave do permiso xunto ao asiento de negros a cambio de 100 000 libras,Frey & Frey (1995), p. 414 poñendo fin ao comercio británico na América española, e España recuperou totalmente o monopolio e o dereito a comerciar cos seus territorios americanos. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Asiento Asiento de negros Guerra da orella de Jenkins Compañía dos Mares do Sur Ligazóns externas

http://www.almendron.com/historia/moderna/flota_indias/flota_10.htm (Sobre a frota das Indias; en castelán) https://web.archive.org/web/20071124051600/http://www.canalsocial.net/GER/ficha_GER.asp?id=1164&cat=biografiasuelta (en castelán) https://web.archive.org/web/20080205015027/http://iris.cnice.mec.es/kairos/ensenanzas/bachillerato/espana/sigloXIII_05_00.html (en castelán) Categoría:Historia do Reino Unido Categoría:Historia de España Categoría:Colonización Categoría:Colonialismo Categoría:Imperio Británico Categoría:Escravitude