Dólar de prata da Estatua da Liberdade360x360pxA/: Estatua da Liberdade con edificio ao fondo. Data e marcas de ceca e de Ensaiador (JM). Lendas: LIBERTY / ELLIS ISLAND GATEWAY TO AMERICA / IN GOD WE TRUSTR/: Man da estatua sostendo o facho aceso, cun fragmento dun poema aos lados. Marcas de gravador (MP e JM). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: J. M. Mercanti (anv. e rev.) e M. Peloso (rev.). Datas de emisión: 1986 Ceca: US Mint: Cecas de San Francisco (S) e de Filadelfia (P). Tiraxe: 7.138.273 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata da Estatua da Liberdade é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1986 e cuñada polas Casas da Moeda de San Francisco e de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 99-61, do 9 de xullo de 1985,"Public Law 99-61 - JULY 9, 1985". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas en conmemoración do centenario da Estatua da Liberdade na illa Ellis."Statue of Liberty Dollar". United States Mint.

Xunto coa moeda dun dólar de prata, as moedas que completan a serie conmemorativa ao abeiro da mesma lei son a de cinco dólares de ouro e a de medio dólar, de cobre revestido con níquel.

Deseño miniatura|A Estatua da Liberdade nunha perspectiva similar á reproducida no anverso da moeda conmemorativa.

No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US Mint John M. Mercanti, represéntase unha vista da Estatua da Liberdade cun dos edificios da illa Ellis ao fondo. A lenda alusiva ao motivo conmemorado é ELLIS ISLAND GATEWAY TO AMERICA ("Illa Ellis porta de América), e vai acompañada polos lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses, ademais da data de emisión."1 Dollar Statue of Liberty". Numista.com

Pola súa banda, o reverso, obra de John Mercanti e de Matthew Peloso, está caracterizado polo deseño da man dereita da estatua collendo o facho aceso, irradiando uns raios estilizados e rodeada por un fragmento do poema The New Colossus, da poeta estadounidense Emma Lazarus: GIVE ME YOUR TIRED, YOUR POOR, YOUR HUDDLED MASSES YEARNING TO BREATH FREE ("Dádeme as multitudes cansas, pobres e amontoadas, que devecen por ser libres")."Emma Lazarus: “The New Colossus”". PoetryFoundation.org Este motivo do reverso está rodeado por lendas alusivas ao nome do país e ao valor facial da moeda, así como o lema E PLURIBUS UNUM.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de dez millóns de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de San Francisco se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). A produción comezou o 18 de outubro de 1985 e estendeuse durante todo o ano 1986.

A súa produción foi de 723.635 moedas na súa condición estándar e 6.414.638 en versión proof, o que fai un total de 7.138.273 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1986 U.S. Statue of Liberty". United States Mint.

A moeda comercializouse aos prezos de 22 dólares en condición estándar e 24 en versión proof. Consonte a lei que autorizou a moeda, o beneficio acadado coa súa venda destinouse á Statue of Liberty - Ellis Island Foundation, para o financiamento da restauración e do mantemento da Estatua da Liberdade e das instalacións utilizadas para a inmigración na illa Ellis.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1986 Statue of Liberty Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América Categoría:Estatua da Liberdade